Publicacións

Imaxe
Defendendo a nosa Terrra

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación

Imaxe
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón a un compañeiro da Plataforma de Corcoesto en relación ao seu dereito de acceso á documentación relacionada coas concesións do proxecto mineiro de Corcoesto. Durante a loita contra o proxecto de Corcoesto, un dos temas que nos preocupaba era o da posible caducidade das concesións. Entre os activistas da Plataforma de Corcoesto tiñamos a convicción de que as concesións mineiras non estaban vixentes, algo que invalidaría o proxecto. A finais de 2012, un compañeiro da Plataforma solicitou acceso á documentación relativa a ditas concesións, coa intención de comprobar se as nosas sospeitas tiñan base. Ao non serlle facilitada esta documentación, interpuxo unha demanda en relación ao tema. Por fin, e despois de máis de cinco anos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor do compañeiro que realizou esa solicitude.    Na sentencia, na que se recoñece sen ningún xénero de dúbida o d...
Imaxe
DOMINGO 22 de OUTUBRO TODO O MUNDO A COMPOSTELA

Algunhas Informacións de interese

Algunhas Informacións de interese Algunhas informacións de interese Contra a Lei de Depredación de Galiza (LFIIE). http://verdegaia.org/index.php/urbanismo-infraestruturas-e-territorio/1719-rascunho-de-manifesto-contra-a-lei-de-depredacion-de-galiza Unha proposición indecente no Parlamento Galego http://www.sghn.org/ Lei de Depredación: golpe de estado administrativo para amparar a expoliación do país http://adega.gal/novas.php?id=656&idioma=gl&sec=7 https://quepasanacosta.gal/99981-2/ http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/10/10/n-rechazo-ley-xunta-iniciativas/1224719.html
Imaxe
PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS
Imaxe
Petición en Change.org https://www.change.org/p/paremos-a-leidepredaciongaliza-do-pp-galego-antes-do-17-de-outubro?utm_source=embedded_petition_view Apoia e Difunde esta petición Concentración no Parlamento Galego, venres 6 de Outubro de 2017
Imaxe
Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza Organizacións que constitúen a  Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza :       A Revolta A Ría Non Se Vende ADEGA Asociación Pola Defensa da Ría C.S. Faisca CIG CNT-Galiza Colectivo Non a Porto Cabral Comisión contra as minas na Terra Cha Comisión de Medio da Gentalha do Pichel ContraMINAcción Erva Galiza Contrainfo Galiza Non Se Vende Organización galega de Comunidades de Montes Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños Sindicato Labrego Galego Verdegaia Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo Nota aclaratoria:   Formar parte  da Plataforma implicar participar na coordinación e na toma de decisións en todas aquelas accións que leve a cabo a Plataforma.  Apoiar  é estar dacordo co fin e obxectivos da Plataforma, axudando a difundir a problemática e participar en todas aquelas accións públicas que leve a cabo a plataforma pero sen volunta...

Lei de Depredación de Galiza

Imaxe
LEI DE DEPREDACIÓN DE GALIZA Que é o que é? Artigos sobre a lei neste web . Artigos noutros medios . Calendario da campaña (offline e online) contra a #LeiDepredacionGaliza . Como podes axudar a parar esta lei? Material gráfico contra a lei .

O Parlamento Europeo prohibe o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras

Imaxe
O PARLAMENTO EUROPEO INSISTE EN PROHIBIR O CIANURO NA MINARIA Boas noticias chégannos desde a campaña BangBan Cyanide, campaña para a prohibición do uso de cianuro en minaría en Europa. Ban Cyanide é unha organización internacional da que fai parte a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños Tras unha clara votación con 566 votos a favor e 8 en contra , o Parlamento Europeo reiterou o seu chamamento á Comisión Europea a prohibir canto antes o uso de cianuro en minaría dentro das fronteiras da Unión Europea. O Parlamento Europeo emitiu o 27 de abril unha resolución [1] sobre a implementación da Directiva de Residuos Mineiros (2006/21/EC). Esta regula o manexo dos residuos das industrias extractivas e inicialmente adoptouse fai sete anos, como consecuencia do tráxico accidente con cianuro nunha mina de ouro en Baia Mare/Romanía no ano 2000. A Directiva de Residuos Mineiros e a súa adopción por parte dos Estados Membro foi suxeito dunha revisión lev...

Abrindo Camiño. Décimo aniversario de Senda Nova.

Imaxe

As declaracións de Jim Yong Kim e o dereito a defender a terra

Imaxe
Hai cousa dun mes, Jim Yong Kim, Presidente do Banco Mundial, fixo unhas declaracións nun Seminario celebrado en Nova Iorque nas que facía referencia ao asasinato de Berta Cáceres nuns termos que consideramos absolutamente inaceptables.  Na súa intervención, que podedes ver neste vídeo de youtube, o presidente do Banco Mundial daba a entender que aceptaba como algo practicamente inevitable a posibilidade de que se producisen ataques a activistas. En resposta a unha pregunta sobre os evidentes impactos das grandes represas, e sobre os ataques sufridos por activistas, como no caso de Berta Cáceres en Honduras, respondeu que "non se pode facer o tipo de traballo que estamos tratando de facer e non ter algún destes incidentes ". Enfádanos profundamente que se cualifique de " incidente" un feito tan grave como o asasinato brutal dunha activista. Defender a terra non é delito Ademais, suxeriu que a enerxía das grandes represas é a única alternativa posible f...

Edgewater perde definitivamente as concesións de Corcoesto

Imaxe
  A empresa mineira canadense Edgewater perde definitivamente as concesións mineiras de Corcoesto. O Tribunal Constitucional avala a modificación da lei da minaría de Galicia que determina a perda das concesións mineiras de Edgewater. O tribunal Constitucional vén de avalar a modificación da lei de minaría de Galicia introducida polo artigo 84 da lei 12/2014, de medidas fiscais e administrativas, pola cal a denegación da autorización da explotación por calquera das causas legais, determinaría a caducidade dos dereitos mineiros. Esta modificación da lei afectaba de cheo á empresa mineira canadiense Edgewater, que pretendía explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, xa que o seu proxecto de explotación foi cancelado pola Xunta de Galicia en marzo de 2014, por falta de solvencia técnica e económica da empresa. Esta cancelación e a publicación posterior da modificación da leid a minaria de Galicia supoñía para Edgewater...

Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social

Imaxe
O Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas , xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é. A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña. Dificultades no acceso a información O anuncio non facilita outra información ademais das...

Visita a Megali Panagia

Imaxe
A pasada semana, persoas da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, visitaron Megali Panagia, unha localidade de Halkidiki na Macedonia grega, moi próxima á mina de Skouries. Halkidiki, o terceiro destino turístico de Grecia, vese agora ameazado con este proxecto de 317 quilómetros cadrados de concesións mineiras que inclúen explotacións subterráneas, e a nova mina a ceo aberto en Skouries, que planea crear segundo á empresa un cráter de 700 metros de diámetro, mais que probablemente será moito máis grande.  Esta mina contou desde o primeiro momento coa oposición da poboación poboación local, das organizacións ambientais e cos informes negativos de organizacións científicas independentes. Porén, esta oposición foi brutalmente reprimida e os informes científicos ignorados. Mentres tanto, producíronse diversos procesos tramposos e escuros de transmisión de dereitos mineiros, exencións ilegais de impostos, construcións de estradas privadas a cargo do estad...

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi...

As vosas vaguedades, cumprido fin terán

Imaxe
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.   O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional: A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU. Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pre...

Manifestación en Vigo contra o TTIP

Imaxe
O vindeiro sábado, 10 de Outubro, marcará o día de inicio para a Semana de loita contra os tratados de libre comercio: TTIP, TPP, CETA e TISA. Centos de localidades están convocadas a unha mobilización global que dará continuidade á que xa se celebrou o pasado 18 de Abril. Dende o 1 ao 15 de outubro miles de persoas marcharán dende diferentes localidades de toda Europa, para bloquear o cumio da Unión Europea que terá lugar precisamente o día 15, en diversas protestas que se manterán ata o día 17. A manifestación galega celebrarase en Vigo, saíndo ás 20:00 horas da Praza de Independencia, para dirixirse cara a Praza de América. Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños animámosvos a participar desta mobilización contra uns tratados que, de levarse adiante, terán graves consecuencias para a poboación en xeral, e moi en particular para os colectivos que loitamos na defensa do noso territorio. Vémonos en Vigo!

Desde Corcoesto con Ana Miranda

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños quere amosar o seu apoio á Eurodeputada galega Ana Miranda, integrante da Flotilla da Liberdade, persoa sempre comprometida con Galiza, coas loitas sociais e cos máis desfavorecidos. Ana Miranda sempre estivo ao noso lado na nosa loita contra a posta en marcha do salvaxe e destrutivo Proxecto da mina de ouro de Corcoesto. Nós tamén queremos estar ao seu lado e ao dos seus acompañantes nestes duros momentos para eles. Facemos votos para que todo se resolva favorablemente e poidan regresar a casa xunto coas súas familias, sans e salvos. Os nosos mellores desexos e o noso agarimo para todos eles desde Corcoesto.

III Milladoiro por Corcoesto

Imaxe
Os milladoiros eran cheas de pedras colocadas ao pé dalgúns camiños ou cruces de camiños. En moitos lugares existía a tradición de que cando un camiñante pasaba por un determinado lugar, debía botar unha pedra máis á chea, de modo que co paso dos séculos, algúns milladoiros son dunha altura considerable, e formados por miles e miles de pedras. Está moi estendida a opinión de que podería ser unha cristianización dun culto prerromano ás divindades dos camiños das que fala Estrabón, e que se mantivo con forza en época romana grazas ao sincretismo cos deuses viarios. Na loita contra a mina de Corcoesto, en Xuño de 2013 fíxose un acto lúdico cultural na Carballeira de Santa Mariña (Corcoesto) que rematou co levantamento dun MILLADOIRO multicolor, a barbarie pro mina destruíuno aos poucos días. No ano 2014 outra vez a veciñanza da comarca levantou de novo outro MILLADOIRO, que igualmente foi destruido aos poucos días pola barbarie pro mineira. Estes feitos leváronnos a...

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo. O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, realizador do documental. María Pardo, veciña de As Encrobas.   Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto. Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais. No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha g...