Solidarizámonos coa Plataforma veciñal "Corno do Monte"

"A mina ou nós", lema da manifestación contra da mina de feldespato. A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita emprendida pola veciñanza da Limia en contra do proxecto mineiro de feldespato. Velaquí o noso comunicado de apoio: Benqueridos-as compañeiros e compañeiras da Plataforma veciñal “Corno do Monte”: A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños quere facervos chegar o seu apoio e solidariedade coa vosa loita contra a mina de feldespato e en concreto coa manifestación do vindeiro sábado 27 de Abril en Xinzo. Coñecemos na propia carne o que vai supor a minaría destrutiva e contaminante, a minaría das empresas transnacionais que buscan o seu enriquecemento a costa da destrución do noso territorio, da nosa forma de vida, do noso patrimonio,..... coa complicidade da Xunta de Galicia que está a vender a prezo de saldo, mellor dito a regalar o noso país. Non permitades que destrúan de novo o voso patrimonio...