FESTA DA PATACA 2013 - CORISTANCO
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi09YkwxzNwlkI0ezOyg-T1BJTTIecl6fD_ZriIEonxNqzyG-1BjjmWog2o_hAXqAr7wQLFRYXeIvr-f5Q5hAZuZYZcL9TF3mkOsqQV_2nf6sdmcXO5c04YVP-R9UdodaaelhvhC1J7-zZI/s640/tractor_1.jpg)
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños estivemos presentes en Coristanco na Festa da Pataca . Quixemos participar da celebración engalanando o noso tractor informativo. Denunciando a ameaza sobre o cultivo da pataca que supón a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto por parte de Mineira de Corcoesto, filial de Edgewater. Os bidóns de cianuro representan a utilización de tóxicos letais na mina e o campo de patacas contaminadas aluden a un futuro escenario no noso territorio Un numeroso grupo de vecinos e veciñas, de xeito espontáneo, botáronse a camiñar tralo tractor cando a caravana iniciou a marcha, en silencio, se cadra precisaron facelo para expresar as súas inquedanzas. A multitude que asistía ó acto contemplou a escea có máximo respecto o que demostrou a sensibilidade e o apoio da poboación cara a nosa reivindicación: Mina NON!