Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta defensa do territorio

As declaracións de Jim Yong Kim e o dereito a defender a terra

Imaxe
Hai cousa dun mes, Jim Yong Kim, Presidente do Banco Mundial, fixo unhas declaracións nun Seminario celebrado en Nova Iorque nas que facía referencia ao asasinato de Berta Cáceres nuns termos que consideramos absolutamente inaceptables.  Na súa intervención, que podedes ver neste vídeo de youtube, o presidente do Banco Mundial daba a entender que aceptaba como algo practicamente inevitable a posibilidade de que se producisen ataques a activistas. En resposta a unha pregunta sobre os evidentes impactos das grandes represas, e sobre os ataques sufridos por activistas, como no caso de Berta Cáceres en Honduras, respondeu que "non se pode facer o tipo de traballo que estamos tratando de facer e non ter algún destes incidentes ". Enfádanos profundamente que se cualifique de " incidente" un feito tan grave como o asasinato brutal dunha activista. Defender a terra non é delito Ademais, suxeriu que a enerxía das grandes represas é a única alternativa posible f...

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo. O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, realizador do documental. María Pardo, veciña de As Encrobas.   Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto. Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais. No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha g...

Estamos con Máxima!

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita de Máxima Acuña fronte a multinacional mineira Yanacocha Desde a Plataforma estamos con Máxima Lonxe de ser unicamente unha causa legal, o caso Máxima contra Yanacocha (filial de NewmontMining ) está no centro dun problema político que sacudiu Cajamarca e o Perú nas últimas décadas: a relación entre os grandes investimentos mineiros e os dereitos das familias e comunidades campesiñas que non desexan o desenvolvemento de actividades extractivas na súa contorna. Unha vez un mineiro díxolle a Máxima Acuña que se estaba ao lado da mina ía ter o ceo, pero que se se puña en contra ía terminar esmagada, tal como un elefante esmaga a unha formiga. A súa casa queda fronte á Lagoa Azul, unha das lagoas que serán afectadas o Proxecto Mineiro Conga e que forma parte da cabeceira de conca de Celendín: esta lagoa é o corazón de moitos ríos que irrigan o campo onde miles de campesiños sementan e cultivan ...

Participamos nas xornadas: "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", en Bruxelas

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro A nosa Plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL, a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro  co título de  “AS DIFERENTES VIAS DE  ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA” . Esta iniciativa pretende levar a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar. A actividade consistirá nun encontro no que persoas dos diferentes  colectivos explicarán como afecta ...