O Principado de Asturias rexeita definitivamente o proxecto mineiro de Asturgold en Tapia de Casariego
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños congratulámonos pola vitoria do colectivo Oro No, compañeiros de loita contra a minaría. Reproducimos, traducida ao galego, a nota de prensa enviada por Oro No aos medios de comunicación: A Plataforma ORO NO quere mostrar a súa ledicia e satisfacción pola decisión do Principado de Asturias, a través da Comisión de Asuntos Medioambientais (CAMA), de emitir unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable para o proxecto de Asturgold en Tapia de Casariego. ORO NO entende que non cabía outra opción máis que rexeitar o proxecto de Asturgold por non cumprir a normativa e ser inviable medioambientalmente, como quedou acreditado por informes técnicos e legais, entre eles, os da Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Por outra parte, con esta decisión, respéctase o sentir maioritario da poboación, que vía neste proxecto unha ameaza ao seu entorno, non só ao medioambiente, senón tamén aos seus medios de vida: turismo, gan...