Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2012

Querido Apalpador

Imaxe
O Apalpador. Leandro Lamas Q uerido Apalpador desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto, temos algo que pedirche nesta última noite do ano 2012. Xa sabemos que o teu e apalpar barrigas para ver se comeron abondo ao longo do ano, pero por unha vez ímosche pedir que cambies un pouco o protocolo. Que tal se en vez de apalpar barrigas apalpas cacholas? Hai algunhas por San Caetano que non sabemos se “comerían abondo”. Polas súas actitudes, parece que lles faltou algún nutriente que lles puidese proporcionar algo fundamental nos bos gobernantes: sentidiño. Dicía Churchill que para ser bo gobernante hai que pensar un pouco máis nas vindeiras xeracións, e un pouco menos nas vindeiras eleccións. Esa clase de “sentidiño” é a que che pedimos que lles inocules na cachola aos nosos gobernantes. Cumpriría que fosen quen de pensar un pouco máis na xente que vive ligada á terra de xeito sustentable, e un pouco menos no seu peto. Un pouco máis no futuro a medio e

Peche da nave da Mineira de Corcoesto

Imaxe
Non, non é unha inocentada. Edgewater ten que pechar de xeito inmediato o seu centro de traballo en Corcoesto, no que viña desenvolvendo labores relacionados con actividades extractivas mineiras, por carecer de licenza para o exercicio desta actividade. A empresa canadense vén operando neste centro de traballo situado nunha antiga nave agrícola desde hai varios anos co consentimento do Alcalde de Cabana, que a sabendas de que carecía de licenza, nunca esixiu que se cumprise coa legalidade.  Foi a raíz dunha denuncia presentada por persoas do lugar, na que solicitaron a reposición da legalidade e a imposición das sancións que procedesen, cando o Alcalde se viu obrigado a actuar de xeito inmediato, ordenando a suspensión da actividade nun prazo máximo de vinte e catro horas. Asemade tivo que darlle traslado da denuncia e do expediente tramitado á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia e proceder a incoar o expediente de reposición da legalidad

Progreso

Imaxe
Progreso. Imaxe do Partido da Terra A Plataforma pola defensa de Corcoesto, ao igual que outros colectivos cuxo obxectivo é a defensa do patrimonio natural e o medio ambiente, recibe constantemente acusacións de opoñerse ao progreso. Pero...que entendemos por progreso? A empresa mineira promete un montón de postos de traballo na zona durante as labores de explotación. Digo un montón, porque as cifras bailan arriba e abaixo cunha facilidade pasmosa. Aínda que o señor Feijóo, que parece funcionar como un delegado da empresa canadiense, falou no seu  momento de máis de mil postos de traballo, no proxecto fálase de 271. Pero en ningún momento se clarifica canto duraría cada un dos contratos. Se contrato 10 persoas este mes, outras 10 o mes que vén e outras 10 ao seguinte...estou contratando 30 persoas este trimestre?  Nas nosas alegacións solicitamos un estudo pormenorizado dos postos de traballo reais que se crearían, especificando o tempo que corresponde a cada un. Esa alegación,

Reunión en Corcoesto

Imaxe
Un momento da intervención de Alba Nogueira Na mañá de hoxe, celebrouse en Corcoesto unha reunión informativa á que acudiron, ademais dun bo número de persoas de Corcoesto, persoas directamente afectadas polo proxecto de Cereo e de Valenza de Coristanco. A reunión comezou coa presentación da mina en cifras, que tendes á vosa disposición neste mesmo blogue, na lapela "Máis información" . Algunhas das cifras provocaron o asombro das persoas presentes, que as descoñecían, pola súa magnitude. A maioría das preguntas en relación a esta presentación xiraron en torno á perigosidade do cianuro empregado na lixiviación , así como do arsénico que se desprende das rochas como consecuencia da explotación, como pon de manifesto o estudo recentemente divulgado pola Sociedade Galega de Historia Natural. Contouse coa presenza de Alba Nogueira, que orientou á veciñanza respecto dos aspectos xurídicos do proxecto: posibles medidas legais a tomar, que requisitos debe reunir un proxecto p

AGE visita Corcoesto

Imaxe
Beiras animou á veciñanza a mobilizarse contra a minaría salvaxe Esta mañá, no cabanote de Baralláns (unha das casas máis próximas ao lugar onde o proxecto ubica a balsa de lodos), recibimos a visita dos deputados de AGE Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez e Xavier Ron. Achegáronse aquí para coñecerin situ o impacto da proxectada mina e falar coa veciñanza. O grupo de veciñas e veciños que alí se xuntou transmitiulles a súa preocupación polas consecuencias que para o seu medio de vida e o patrimonio natural que herdaron das anteriores xeracións podería ter este proxecto se chegase a facerse realidade.   Os deputados de AGE fixeron un chamado á mobilización popular para defender a nosa terra fonte ás intencións do P.P. de vendela (máis ben regalala) aos novos colonizadores. "Señor Beiras, permítame unha pregunta -dixo a dona da casa-: é necesaria tanta destrución para crear postos de traballo?" Desde a Plataforma preguntámonos exactamente o mesmo. Ata onde

Arsénico sen compaixón

Imaxe
  Desembocadura do Anllóns. Imaxe de Rozavales A Sociedade Galega de Historia Natural vén de facer público un estudo do Instituto de Investigacións Mariñas que pon en entredito a DIA positiva da Consellería ao proxecto de explotación mineira de Corcoesto, ao poñer de manifesto que as concentracións de arsénico nas augas do río Anllóns "aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona de arsenopiritas na parte media da bacía (zona mineira de Corcoesto) ata acadar os 3,96 microgramos/litro, achegándose ao límite inferior (4,5 microgramos/litro) dos ríos europeos contaminados, e á metade do máximo admitido para augas potables establecido pola Unión Europea, a Axencia de Medio Ambiente dos EEUU e a Organización Mundial da Saúde". Malia que esta concentración pode deberse á existencia natural de arsenopiritas na zona, o estudo afirma que " as zonas de sedimentos máis contaminados son consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar ".  Se

Visto bo ambiental da Consellería de Infraestruturas

Imaxe
A Consellería de Infraestruturas emite nota de prensa declarando as bondades ambientais da mina, mais non publica a Declaración de Impacto Ambiental. Como ven sendo habitual, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas actúa como se no canto dun órgano da administración galega fose unha delegación da empresa canadense. É inadmisible que saque unha nota de prensa louvando as bondades da mina ao tempo que lle da o visto bo ambiental sen publicar a correspondente declaración de impacto ambiental. A exposición pública do proxecto xa foi no seu día un despropósito. Unha lei publicada este ano e que regula os proxectos industriais estratéxicos, permitiu aos mineiros canadenses   a tramitación conxunta do proxecto e o seu estudo de impacto ambiental nun tempo récord. Os colectivos ecoloxistas tiveron que empregarse a fondo para que o proxecto fose posto ao seu dispor no xeito que marca a lei, aínda que con considerable retraso, e moitas veciñas e veciños que acudían

Interese público, ou atraco?

Imaxe
Onte celebrouse unha reunión no Bar Lista, en Valenza de Coristanco. A ela acudiu un número considerable de persoas, interesadas por informarse acerca da mina e tamén, claro, sobre as expropiacións. Durante a reunión proxectouse a presentación "A mina en cifras" , ofrecendo datos que están, na súa maioría, recollidos no propio proxecto. Logo falouse da famosa "carta" enviada pola empresa á veciñanza, instando a xente, dunha maneira coactiva, ameazante e manipuladora, a vender (malvender!) os seus terreos. Vender agora a un prezo baixo ten unha dobre consecuencia: para quen vende, que perde a posibilidade de optar a un prezo maior no momento da expropiación, se esta chegase a producirse (e tamén perde a posibilidade de conservar o seu terreo se o proxecto finalmente non se aproba!); e para quen, máis tarde, poida verse na situación de ser expropiado. Si, porque, se finalmente o proxecto se aprobase, os prezos de venta que se fixen neste momento tomaranse como

Mineira de Corcoesto non quere debate

Imaxe
Mineira de Corcoesto intenta coaccionar aos veciños pero ten medo a debater publicamente con nós sobre a mina de ouro. Por que dicimos iso? Pois porque hai xa tres semanas que desde a Plataforma se enviou á empresa mineira un convite para realizar un debate público sobre “Mina si ou Mina non”, e ata o momento non tivemos resposta algunha. Ao mesmo tempo, Edgewater está a utilizar estratexias de dubidosa legalidade para a adquisición dos terreos necesarios para levar a cabo o proxecto mineiro. A Plataforma remitiu a súa invitación á Empresa o pasado 12 de novembro. O envío realizouse por carta certificada á súa sede en Canduas (Cabana de Bergantiños), confirmándose a recepción, mediante chamada telefónica ao Xerente da Empresa ao día seguinte do envío. Seguimos agardando contestación da empresa mineira á súa invitación. Semella que Mineira de Corcoesto síntese máis cómoda nas moquetas de San Caetano ou nos despachos dos Alcaldes dos Concellos afectados, que nun encontro público de