Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta corcoesto

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación

Imaxe
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón a un compañeiro da Plataforma de Corcoesto en relación ao seu dereito de acceso á documentación relacionada coas concesións do proxecto mineiro de Corcoesto. Durante a loita contra o proxecto de Corcoesto, un dos temas que nos preocupaba era o da posible caducidade das concesións. Entre os activistas da Plataforma de Corcoesto tiñamos a convicción de que as concesións mineiras non estaban vixentes, algo que invalidaría o proxecto. A finais de 2012, un compañeiro da Plataforma solicitou acceso á documentación relativa a ditas concesións, coa intención de comprobar se as nosas sospeitas tiñan base. Ao non serlle facilitada esta documentación, interpuxo unha demanda en relación ao tema. Por fin, e despois de máis de cinco anos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor do compañeiro que realizou esa solicitude.    Na sentencia, na que se recoñece sen ningún xénero de dúbida o d...

As vosas vaguedades, cumprido fin terán

Imaxe
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.   O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional: A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU. Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pre...

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo. O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, realizador do documental. María Pardo, veciña de As Encrobas.   Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto. Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais. No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha g...

Galeano

Imaxe

Festa popular 29 de Marzo en Corcoesto: POR UNHA VIDA SEN MINA

Imaxe
As AA.V. de Cereo, Valenza, Corcoesto e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños co gallo da comunicación oficial pola Xunta da paralización definitiva do actual proxecto da mina de Corcoesto, celebramos o pasado día sábado 29 un xantar lúdico festivo na emblemática Carballeira de Sta. Mariña ( Corcoesto) baixo a denominación: Polo rexurdir da Primavera e o amor á Terra Este acto constituíu un recoñecemento aos apoios recibidos na loita contra a barbarie que pretendía Edgewater co proxecto da mina de Corcoesto e que suscitou un rexeitamento social no noso país sen precedentes. Con certeza a empresa canadiana ou outra con máis potencial económico van seguir insistindo con outros proxectos semellantes, polo que a celebración desta vitoria non implica que baixemos a garda no futuro inmediato. Eis a pretensión do Alcalde de Cabana de incluír a mina no futuro PXOM do concello ou a insistencia por parte de Edgewater da vixencia da Declaración de Impacto Ambiental ou a negati...

Xornada informativa e divulgativa sobre a loita contra a megamineria - CORISTANCO

Imaxe
A Asociación galega Amarante Setem no marco do programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, achegouse á comarca de Bergantiños para coñecer a labor desenvolvida pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños fronte á megaminería especulativa. As actividades empezáronse  ás 10:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco,   onde os colectivos Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma ORO NO, de Asturias, e Amarante Setem ofreceron unha xornada de encontro para coñecer e reflexionar sobre os impactos que a megaminaría especulativa ten sobre o territorio e as persoas. Proxectouse o documental “A Rosa de Corcoesto” na que contaron coa presenza do seu director,  Xosé Bocixa, que acampañou ás intervencións de ORO NO e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. Para rematar a xornada represetantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños,...

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA FEBREIRO 2014

Nova proxección do documental "Rosa de Corcoesto"

Imaxe

Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo

Imaxe
Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada  que percorrerá a zona afectada pola proxectada mina  de Corcoesto. A Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo anima á participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas  afectadas pola proxectada actividade mineira.  Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da  Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar  “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.   DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014 HORA: 9:00 de Arteixo PREZO transporte: 8 € socio.  12 € non socios. PLAZAS LIMITADAS Inscripcións: direccion@montedaestrela.org Máis Info:  http://montedaestrela.org/ MAPA DO PERC...

Mesa redonda ”Minaría, Territorio e Sustentabilidade”

Imaxe
Auditorio de Carballo, 31 de Xaneiro ás 20 h. Ana Miranda, grupo Verdes-ALE no Parlamento Europeo, ex eurodeputada. Antón Sánchez, deputado no Parlamento Galego. Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños inclúe o proxecto mineiro de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana. Advirte ao alcalde José Muiño que non vai consentir que se utilice o planeamento urbanístico para beneficiar á empresa mineira. A reserva de solo no novo PXOM para o proxecto mineiro de Corcoesto é unha burla á poboación de Cabana. Nos próximos días estudiaremos o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes , e presentararemos alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de especial protección forestal. Dende a plataforma advetimos a José Muiño que non vamos consentir que a través do planeamento se actúe en contra dos intereses xerais dos veciños para favorecer a unha empresa mineira canadense, xa que coa cualificación urbanística que se contempla no documento de aprobación inicial, está facilitándolle a obtención de solo p...

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA XANEIRO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DECEMBRO 2013

Minería, Sociedade, Política e Consumo - Conversas

Imaxe
Aquí vos deixamos a conversa entre  Emilio Menéndez, Carlos Taibo e Braulio Amaro que tivo lugar en Laxe o día 15 de decembro, un debate  sobre minaría, política, economía e sociedade a partir do caso de Corcoesto. A grabación foi realizada por Cora Peña e o equipo do documental que se está a realizar sobre o proxecto mineiro de Corcoesto: "Tesouro de Corcoesto" .  Máis info sobre este documental no seguinte enlace: http://www.corcoesto.com/ http://www.corcoesto.com/  

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA NOVEMBRO 2013

O PP en Coristanco tamén dixo NON a MINA gracias a presión popular

Imaxe
Mocións contra a Mina de Corcoesto aprobadas nos concellos de Zas, Carballo e Coristanco. Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza. Moción no concello de Carballo Moción no concello de Zas O alcalde Pensado Plágaro, noutrora defensor da mina de Corcoesto a pesar de albergar parte da balsa de cianuro e a escombreira mineira, viuse obrigado a debater unha moción pola que se declarou a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros para as parroquias do Concello. A moción aprobada por unanimidade, insta á Xunta de Galicia a rexeitar de xeito definitivo os permisos de investigación en trámite relativos ás concesións mineiras que abarcan a meirande parte do se...

O Alcalde de Cabana volta a denegar o uso do Auditorio municipal.

Imaxe
Os pasados meses de Maio e Xuño o Alcalde de Cabana denegou o permiso de utilización do Auditorio para a celebración dun acto informativo en 10 ocasións.O pasado 14 de Outubro a Plataforma solicitou de novo o Auditorio de Cabana para catro datas posíbeis dese mes e do mes de Novembro. Denegación uso Auditorio Cabana Anteriormente os motivos aducidos para a denegación do uso deste espacio foron as actividades xa planificadas, sen facilitarnos nunca datas alternativas, pero desta volta o Alcalde opta polo silencio administrativo e non contesta á solicitude nin a reiteración da mesma que fixemos o pasado 13 de Novembro. O Alcalde de Cabana, Xosé Muíño, cada vez ten unha maior contestación social ben pola mina de Corcoesto, ben pola suba de tarifas no suministro da auga, ben polo aumento de impostos municipais ( saneamento, alcantarillado,....) ou mesmo sendo albo de denuncias xudiciais por posíbeis delitos contra a saúde pública por non poñer os medios para impedir o consumo hu...

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA NOVEMBRO 2013

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO 2013

Novos apoios da comunidade científica á petición para que a XUNTA prohiba o emprego de cianuro na minería

Esta semana chegamos ós 236 apoios da comunidade científica para a petición de prohibición do emprego do cianuro na minería. Coa entrega o pasado 8 de outubro ao Presidente da Xunta de Galicia do manifesto pola prohibición do  uso do cianuro na minería coa listaxe dos 160 apoios da comunidade científica e universitaria recollidos ata entón  a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños deron inicialmente  por pechada a campaña. Non embargante, a difusión posterior da campaña nos medios de comunicación e os reenvíos no seo da  comunidade científica e universitaria desencadearon unha segunda vaga de apoios que acadaron xa unha cifra moi  relevante: 76 apoios adicionais que veñen de entregarse ao Presidente da Xunta de Galicia. En total son xa 236 os apoios recollidos da comunidade científica e universitaria, adscritos a 92  Departamentos pertencentes á 20 universidades e organismos públicos de investigació...