Mineira de Corcoesto e as mentiras sobre a auga

Un dos problemas que trae consigo a minaría de ouro é o do consumo de auga. Un proxecto destas características ten un enorme consumo de auga, e, consecuentemente, a redución da cantidade de auga que se pode destinar a outros usos. No proxecto fálase dun consumo duns 1.400.000 m3 anuais, entre a auga captada da chuvia (432.695) e a auga obtida de recursos subterráneos (967.305) 1.400.000 m3 equivalen a 1.400.000.000 litros, xa que un metro cúbico ten 1000 dm3, ou, o que é o mesmo, 1000 litros Se dividimos 1.400.000.000 litros/ano entre 365 días que ten o ano, obtemos a cifra de 3.835.616 litros /día, ou, o que é o mesmo, 3.835 metros cúbicos. Sen embargo, esa cantidade é moi diferente da que a empresa mineira manexa nunha publicidade (con aspecto de artigo informativo, pero publicidade ao fin e ao cabo) recentemente saída na prensa. Non deixa de ser curioso que expoñan unha cantidade no proxecto e outra moi diferente nos medios de comunicación. En cal dos dous text...