Querido Apalpador
O Apalpador. Leandro Lamas Q uerido Apalpador desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto, temos algo que pedirche nesta última noite do ano 2012. Xa sabemos que o teu e apalpar barrigas para ver se comeron abondo ao longo do ano, pero por unha vez ímosche pedir que cambies un pouco o protocolo. Que tal se en vez de apalpar barrigas apalpas cacholas? Hai algunhas por San Caetano que non sabemos se “comerían abondo”. Polas súas actitudes, parece que lles faltou algún nutriente que lles puidese proporcionar algo fundamental nos bos gobernantes: sentidiño. Dicía Churchill que para ser bo gobernante hai que pensar un pouco máis nas vindeiras xeracións, e un pouco menos nas vindeiras eleccións. Esa clase de “sentidiño” é a que che pedimos que lles inocules na cachola aos nosos gobernantes. Cumpriría que fosen quen de pensar un pouco máis na xente que vive ligada á terra de xeito sustentable, e un pouco menos no seu peto. Un pouco máis no futuro a medio e