O Parlamento Europeo prohibe o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras
O PARLAMENTO EUROPEO INSISTE EN PROHIBIR O CIANURO NA MINARIA Boas noticias chégannos desde a campaña BangBan Cyanide, campaña para a prohibición do uso de cianuro en minaría en Europa. Ban Cyanide é unha organización internacional da que fai parte a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños Tras unha clara votación con 566 votos a favor e 8 en contra , o Parlamento Europeo reiterou o seu chamamento á Comisión Europea a prohibir canto antes o uso de cianuro en minaría dentro das fronteiras da Unión Europea. O Parlamento Europeo emitiu o 27 de abril unha resolución [1] sobre a implementación da Directiva de Residuos Mineiros (2006/21/EC). Esta regula o manexo dos residuos das industrias extractivas e inicialmente adoptouse fai sete anos, como consecuencia do tráxico accidente con cianuro nunha mina de ouro en Baia Mare/Romanía no ano 2000. A Directiva de Residuos Mineiros e a súa adopción por parte dos Estados Membro foi suxeito dunha revisión lev...