Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Milladoiro

III Milladoiro por Corcoesto

Imaxe
Os milladoiros eran cheas de pedras colocadas ao pé dalgúns camiños ou cruces de camiños. En moitos lugares existía a tradición de que cando un camiñante pasaba por un determinado lugar, debía botar unha pedra máis á chea, de modo que co paso dos séculos, algúns milladoiros son dunha altura considerable, e formados por miles e miles de pedras. Está moi estendida a opinión de que podería ser unha cristianización dun culto prerromano ás divindades dos camiños das que fala Estrabón, e que se mantivo con forza en época romana grazas ao sincretismo cos deuses viarios. Na loita contra a mina de Corcoesto, en Xuño de 2013 fíxose un acto lúdico cultural na Carballeira de Santa Mariña (Corcoesto) que rematou co levantamento dun MILLADOIRO multicolor, a barbarie pro mina destruíuno aos poucos días. No ano 2014 outra vez a veciñanza da comarca levantou de novo outro MILLADOIRO, que igualmente foi destruido aos poucos días pola barbarie pro mineira. Estes feitos leváronnos a...

DESTRUCCIÓN DO MILLADOIRO DE CORCOESTO

Imaxe
O pasado día 1 de xuño nas proximidades do día mundial do medio ambiente celebrouse en Santa Mariña de corcoesto o "III Enarborar o Bosque", unha romería artísitco reivindicativa onde artistas e escritores amosaron o seu compromiso co medioambiente. Este ano centrouse na loita contra a mineiría a ceo aberto en Galicia e elexiuse o proxecto da mina de ouro de Corcoesto como máximo representante desta amenaza na actualidade. Foi unha xornada agradable onde se alternaron actuacións musicais en directo (Toñito de Poi, Josito Porto, Roberto Sobrado…), artistas creando na Carballeira de Santa  Mariña, recital de poesía e presentación do libro Versus Cianuro e obradoiros de pintura e estampado para o público asistente. Montouse tamén unha instalación artística colectiva contra o arsénico, o cianuro e a destrucción da natureza: o "Milladoiro de Corcoesto", unha proposta de Xacobe Meléndrez Fassbender na que participaron máis dun cento de persoas que escribiron desexos, ...