Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social
O
Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina"
como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da
multitudinaria
manifestación contra a Megaminaría
contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles
de sinaturas recollidas,
xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que
así é.
A
Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego
e Industria vén de anunciar
que se somete a información pública o expediente da solicitude do
permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver
favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20
de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de
investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas
mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo
e Coristanco, na provincia da Coruña.
Dificultades no acceso a información
O
anuncio non facilita outra información ademais das coordenadas da
superficie que será sometida a explotación. Desde Verdegaia, para
facilitar a identificación da superficie afectada, trazamos a mesma
en Google
Maps. A
superficie afectada é de 43.6 quilómetros cadrados (unha superficie
equivalente a 4.360 campos de fútbol), que se encadran dentro da
zona coñecida como cinto de ouro de Malpica-Tui.
Nos
Concellos o público non dispón da información necesaria para facer
alegacións, e para ver o expediente é necesario trasladarse ata A
Coruña. Por desgracia, acotío acontece que na Sección de Minas da
Xefatura Territorial, non dan moitas facilidades para ver os
expedientes, e se son solicitados
en formato electrónico,
adoitan chegar fóra de prazo para alegar.
A
Consellería debería informar ás persoas afectadas que un permiso
de investigación de recursos mineiros tipo C pode converterse nun
futuro non moi afastado nun permiso de explotación que podería
cambiar para sempre as súas vidas.
Leis franquistas
Grazas
a unha lei de minas franquista e a unha lei --tamén franquista-- de
expropiación forzosa, as persoas propietarias das terras afectadas
poderán perder as súas terras por un xustiprezo, que normalmente
non vai ser xusto. E iso no mellor dos casos, porque podería
acontecer que a túa casa quedase ao pé da explotación, mais que
non a expropiasen pero que tiveses que soportar ruídos, fendas,
polución...
A
empresa Grupo M-FM 2001, S.L., que nos últimos anos recibiu do
Estado subvencións de varios centos de miles de euros para a
exploración mineira, vai buscar a licenza social para a súa
actividade. Para iso este tipo de empresas adoitan contratar a unha
persoa que teña unha boa consideración entre a veciñanza da zona
para convencer da necesidade de que permitan facer as catas nos seus
terreos. Prometerán postos de traballo para aquelas persoas e as
súas familias que permitan gratuitamente furar nas súas terras.
Dirán que o ouro correrá polas mans de todas e todos, mais nada
diso acontecerá.
Os concellos deben velar polos intereses da veciñanza
Segundo
advirten dende a Asociación Ecoloxista Petón do Lobo, unha vez
aprobado definitivamente o permiso de investigación mineira, os
concellos xa non van poder facer nada por parar a exploración no seu
dominio público, aínda que teñan prevista facer unha sondaxe no
portal do Concello. Instamos polo tanto aos catro concellos afectados
a que estuden o expediente, o divulguen entre a veciñanza e fagan as
oportunas alegacións opoñéndose ao mesmo. Estamos a falar dun
entorno humanizado, con valiosos elementos patrimoniais, explotacións
agrícolas, gandeiras e forestais.
A
xente ten que saber que ten dereito a non permitir que entren nas
súas fincas a traballar. E que se entran, as autoridades teñen a
obriga de protexer as súas propiedades, polo que poderán acudir á
Garda Civil para que coiden dos seus intereses.
Se hai información e unión, no haberá licenza social
Se
algunha persoa consente en que traballen na súa finca, deberá saber
que se está arriscando a que nun breve prazo pode perder a súa
finca e a súa vivenda. Cómpre que teñan isto en conta cando pidan
unha compensación económica. As persoas cobizosas, que saiban que a
empresa sempre lles vai dicir que están a pagarlles moito máis que
ás súas veciñas e veciños. Habitualmente, as empresas mineiras
rompen a paz social enfrontando á veciñanza entre as persoas que
buscan un posto de traballo na mina e as que se opoñen ás
instalacións mineiras. Para evitar este problema, recomendamos a
obxectividade: que a xente se informe do que se pretende facer, e do
que acontece e ou aconteceu con outros proxectos mineiros
semellantes.
Consideramos
prioritario que as persoas que residen ou teñan intereses lexítimos
nos Concellos de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco se informen
do plano de investigación mineira e das consecuencias que podería
ter, e que comparezan como parte interesada no expediente para que
sexan informadas e tidas en conta no desenvolvemento deste expediente
de licenza de investigación. Para iso a A.S.C. O Iríbio facilitou
modelos
de comparecencia
no expediente.
Tamén, cando a administración nos facilite o expediente,
elaboraremos alegacións para que sexan presentadas polas persoas
afectadas. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
acordou dar charlas informativas para contrarrestar a falta de
transparencia por parte da administración, facilitando así a
participación pública e a defensa do ambiente, da paz social e dos
intereses dos particulares das persoas afectadas.
Outros proxectos en Galiza
Dende
o Sindicato Labrego Galego advirten que este non é o único proxecto
mineiro que está a desenvolver a Administración. Nos concellos de
Santa Comba e Zas, empresas filiais da canadense Edgewater
solicitaron os permisos de investigación para ouro denominados
Grixoa, Vilar e Monte Castelo que afectan a 1.680 hectáreas; e na
comarca de Bergantiños as Julias (tamén de ouro) mobilizaron a toda
a contorna.
Moitos
son os permisos de investigación, e proxectos de explotación en
tramitación en Galiza: A mina de tantalio de Forcarei (a maior de
Europa), a da Terra Cha que continúan a dirimirse nos xulgados, os
de Seixo de Erinsa na comarca de Ordes Compostela (8000 ha), ou todos
os permisos de ouro da montaña de Lugo A Fonsagrada, Baleira,
Baralla, Becerreá, etc. En Lousame está a piques de estalar un
grave conflito social pois a mineira Sacyr en busca de volframio está
pechando ilegalmente o acceso ao monte aos seus comuneiros.
Non
entendemos como non se dá prioridade á agricultura, que é unha
alternativa sustentable, con vocación de permanencia no tempo que
xera postos de traballo de calidade e de futuro fronte a estas
actividades destrutivas e temporais con postos de traballo precarios
e de moi pouca duración.
Galiza
27 Xaneiro 2016
Apoian
este comunicado: A Ría Non Se Vende, A Terra Non Se Vende,
Asociación autonómica Cova Crea, Asociación autonómica e
ambiental Petón do Lobo, Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA), ContraMINAcción, Contraminate, Foro Social de
Cangas, Galiza Non Se Vende, Greenpeace, O Iribio, Plataforma pola
Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma veciñal Corno do
Monte, Salva la Selva, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Véspera
de Nada, Voces polo Litoral de Teis
Podes consultar o expediente nesta ligazón.
Mapas do expediente (debido ao seu peso, convén descargalos para visibilizalos):
Podes consultar o expediente nesta ligazón.
Mapas do expediente (debido ao seu peso, convén descargalos para visibilizalos):
Boas. Gustaríame saber, se teñen pensado dar charlas no Concello de Zas e, de ser así, cando van ser. Desgraciadamente hai moita xente que aínda non sabe nada disto... moitas grazas.
ResponderEliminar