Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2017

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación

Imaxe
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón a un compañeiro da Plataforma de Corcoesto en relación ao seu dereito de acceso á documentación relacionada coas concesións do proxecto mineiro de Corcoesto. Durante a loita contra o proxecto de Corcoesto, un dos temas que nos preocupaba era o da posible caducidade das concesións. Entre os activistas da Plataforma de Corcoesto tiñamos a convicción de que as concesións mineiras non estaban vixentes, algo que invalidaría o proxecto. A finais de 2012, un compañeiro da Plataforma solicitou acceso á documentación relativa a ditas concesións, coa intención de comprobar se as nosas sospeitas tiñan base. Ao non serlle facilitada esta documentación, interpuxo unha demanda en relación ao tema. Por fin, e despois de máis de cinco anos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor do compañeiro que realizou esa solicitude.    Na sentencia, na que se recoñece sen ningún xénero de dúbida o d...