Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta drenaxes acidas

A Drenaxe Ácida de Minería

Carmen Varela Busto Doutora en Química Orgánica O proceso coñecido como Drenaxe Ácida de Minería (DAM) é un dos problemas máis serios asociados ás actividades mineiras xa que pode contaminar con augas ácidas os ecosistemas e matar moitos organismos como consecuencia dun cambio de pH no seu hábitat. A auga ácida pode tamén incrementar o proceso de desgaste da rocha, disolvendo e liberando os metais pesados e o arsénico que están contidos nela. Estes metais pesados e arsénico poden ser aínda máis nocivos que a propia auga ácida.  As rochas que conteñen xofre (S), como por exemplo as piritas e arsenopiritas, cando son trituradas e expostas á auga e ó aire, liberan ácido sulfúrico. A composición da arsenopirita é 46% arsénico, 34.3% de ferro e 19.7% de xofre. Se este mineral está protexido e aillado das condicións ambientais é estable. Pola contra, se se tritura e expón ós axentes ambientais, o xofre en contacto coa auga e o aire, transfórmase en ácido sulfúrico provocando...