As vosas vaguedades, cumprido fin terán
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.
O
Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de
comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que
a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por
Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o
recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación
de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha
fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi
importante repercusión internacional:
A
Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS
MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró”
nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de
Mineira de Corcoesto SLU.
Estas
explotacións constitúen o núcleo fulcral da pretendida mina a ceo
aberto de Corcoesto, polo que ao decaer os dereitos mineiros
(concedidos irregularmente e que foran denunciados pola veciñanza
organizada na Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños,
así como por outras organizacións sociais) inviabilizan na práctica
totalmente o proxecto mineiro de Corcoesto.
Por
parte da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños queremos
amosar a nosa satisfacción polos éxitos acadados nesta loita
popular na defensa da nosa terra e do noso xeito de vida fronte aos
intentos do novo colonialismo por destruír os nosos recursos e a
nosa terra.
Non
podemos esquecermos de agradecerlle a todas as persoas, colectivos
sociais, concellos partidos políticos, organizacións sindicais,
ecoloxistas,...... que dende un primeiro momento puxéronse do lado
da nosa loita conseguindo entre todos e todas parar esta barbarie.
Desde
a Plataforma seguiremos con atención tódolos posibles movementos
que se poidan producir nun futuro, porque somos conscientes que onde
exista un recurso será obxecto da avaricia do capital máis
destrutor, que disfrazado de falsas promesas de prosperidade pode
volver a intentar esta actividade coa complicidade da política
subordinada a estes poderes económicos
Corcoesto
5 de Outubro de 2015
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.