Reproducimos o comunicado de prensa da coalición Bang¡ Ban Cyanide, da que facemos parte e que foi presentada simultaneamente o 29 de setembro en tódolos países que partillan a coalición, coincidindo coa audiencia ao candidato a comisario de Medio Ambiente da C.E., K. Vella, diante da Comisión ENVI do Parlamento Europeo: Non máis minas tóxicas en Europa! 29 de setembro de 2014 – As grandes minas de ouro ao descuberto están en alza en toda Europa . Isto é algo que a cidadanía da UE, en xeral, ignora, pero os metais utilizados nos computadores, dispositivos electrónicos e teléfonos móbiles teñen que vir dalgún sitio. A minería moderna mutila o ambiente, produce contaminación por un longo período de tempo, utiliza grandes cantidades de produtos químicos altamente tóxicos como o cianuro e tamén, con frecuencia, despraza comunidades enteiras. Somos unha coalición europea de organizacións non gobernamentais, grupos de acción e comunidades de Bélxica, Bulgaria, Fin...