Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mineira de Corcoesto

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi...

Importante resposta da Comisión europea sobre a reclamación de Edgewater

Imaxe
Reproducimos, polo seu interese, a pregunta realizada no Parlamento Europeo pola eurodeputada de AGE Lidia Senra, así como a resposta da Comisión. Nelas queda claro que a empresa Edgewater non ten dereito algún a reclamar indemnización polas posibles perdas derivadas da denegación do seu proxecto.  É,por tanto, unha nova estocada para Mineira de Corcoesto. PREGUNTA PARLAMENTAR: Perguntas Parlamentares (Parlamento Europeu, Comissão) 9 de outubro de 2014, E-007767-14 Pergunta com pedido de resposta escrita à Comissão, Artigo 130.° do Regimento Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) Assunto: Acordo CETA e empresa Edgewater na Galiza O CETA estabelece mecanismos que conferem às multinacionais o direito de apresentar exigências aos governos, quando estes tomam decisões que considerem que afetam os seus negócios. Na Galiza, a empresa canadiana Edgewater pretende obter autorização do governo galego para a exploração mineira de ouro,...

Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

Imaxe
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación. A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños. Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta nova disposición  recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais...

"Los Soprano"

Imaxe
Deixámosvos aquí os vídeos da última intervención no Parlamento galego do deputado de AGE, Antón Sánchez, en relación ao proxecto mineiro de Corcoesto. No primeiro deles vemos como Antón Sánchez pide ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que aclare se son ou non verdade unhas supostas declaracións do director do Igape, Javier Aguilera, transcritas dunhas gravacións feitas pola empresa Mineira de Corcoesto, e incluídas no recurso de reposición presentado por esa empresa. Nestas supostas declaracións o director do Igape afirmaba ter avalado o proxecto da mina a ceo aberto en Corcoesto durante unha cea coa empresa e antes de coñecer o proxecto.   Neste outro, e diante da falta dunha resposta clara por parte do Conselleiro, Antón Sánchez acúsao de "irse polos cerros de Úbeda".  O deputado remata dicindo que "...isto non é Salsa Rosa nin Sálvame de Luxe , é Los Soprano ", en clara alusión aos aparentes trapicheos habidos entre empresa e Consellerí...

Edgewater lanza globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade

Imaxe
Edgewater e Mineira de Corcoesto lanzan un globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade financeira. As contas anuais do 2013 de Mineira de Corcoesto revelan o incumprimento da normativa contable española por non amortizar os activos intanxibles. O rexistro contable dunha única cota de amortización destes activos por parte de Mineira de Corcoesto, S.L., situaría á empresa en causa de disolución obrigatoria prevista na Lei de Sociedades de Capital. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños considera o anuncio das negociacións de Edgewater cun grupo empresarial español para retomar o proxecto mineiro de Corcoesto, un globo sonda para ocultar a súa extremada debilidade financeira e tratar de mellorar as perspectivas de cotización da empresa cuxo valor en bolsa está afundido desde outubro de 2013, cando o Presidente da Xunta anunciou no Parlamento a paralización definitiva do proxecto por incumprir as garantías técnicas e económicas. A capita...

Documental "Rosa de Corcoesto"

Imaxe
"Dar voz ós veciños"    Este foi o principal obxetivo de Xosé Bocixa e Manuel Vilas neste documental filmado en octubre de 2013. "É un mini-documental sobre oconflicto en torno ó proxecto de unha macrominería de ouro a ceo aberto que foi filmado en octubre de 2013, inmediatamente despois de que a Xunta comunicase que desestimaba, polo de agora, o proxecto presentado por Edgewater", explican ambos. Xosé Bocixa - Guión, Edición e Realización. Manuel Vilas - Guión e Producción, Se queredes coñecer un poco máis a realidade social do acontecido ó arredor deste proxecto non dudedes en votarlle unha ollada. Aquí vos deixamos o enlace.  

O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitaria

Imaxe
Analizamos o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados. O goberno da Xunta fachandea de que Galiza é a segunda comunidade autónoma en contar cun Plan Director da Rede Natura. O que non dí é que a outra Comunidade, A Rioxa, conta cun Plan Director de natureza substancialmente diferente ao aprobado por Galiza.  Mentres en Galiza, o Decreto 37/2014 non contempla os obxectivos específicos e ordenación detallada dos niveis de protección e conservación dos LIC e ZEP, a norma da Rioxa inclúe como anexos os Plans de xestión e ordenación dos recursos naturais de cada unha das zonas especiais de conservación, e para cada unha delas detállanse as cuestións básicas de obxectivos estratéxicos e operativos, réxime de protección (coa regulación específica de usos e normativa), así como o programa de actuacións (co seu cronograma, orzamento e financiamen...

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA MARZO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA FEBREIRO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA XANEIRO 2014

Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo

Imaxe
Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada  que percorrerá a zona afectada pola proxectada mina  de Corcoesto. A Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo anima á participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas  afectadas pola proxectada actividade mineira.  Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da  Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar  “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.   DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014 HORA: 9:00 de Arteixo PREZO transporte: 8 € socio.  12 € non socios. PLAZAS LIMITADAS Inscripcións: direccion@montedaestrela.org Máis Info:  http://montedaestrela.org/ MAPA DO PERC...

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños inclúe o proxecto mineiro de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana. Advirte ao alcalde José Muiño que non vai consentir que se utilice o planeamento urbanístico para beneficiar á empresa mineira. A reserva de solo no novo PXOM para o proxecto mineiro de Corcoesto é unha burla á poboación de Cabana. Nos próximos días estudiaremos o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes , e presentararemos alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de especial protección forestal. Dende a plataforma advetimos a José Muiño que non vamos consentir que a través do planeamento se actúe en contra dos intereses xerais dos veciños para favorecer a unha empresa mineira canadense, xa que coa cualificación urbanística que se contempla no documento de aprobación inicial, está facilitándolle a obtención de solo p...

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo

Imaxe
O pasado 20 de Xaneiro unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo viaxaron a Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da Costa da Morte [1].  Invitados pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, analizouse os graves impactos que o frustrado proxecto mineiro tería para a poboación, tanto no eido da saúde, como no ambiental, económico e social. A Comisión examinou pre viamente o informe remitido pola Plataforma que foi elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a mobilización do arsénico en Corcoesto. Neste informe indícase que o proxecto subestima a mobilidade real do arsénico e en consecuencia minimízanse os efectos que este elemento químico altamente canceríxeno ten sobre a saúde da poboación e o medio natural. Nel tamén se pon de manifesto o incumprimento da le...

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA XANEIRO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DECEMBRO 2013

PLATAFORMA "ORO NO" CRITICA O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE SALAVE

OURO NON CRITICA O NOVO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE *SALAVE E ANUNCIA QUE SE MOBILIZARÁ PARA EVITAR UN “FRAUDE Á LEGALIDADE” A plataforma Asturiana Oro No critica que o anuncio no BOPA do novo estudio de "Impacto Medioambiental" presentado por Astur Gold se faga en fechas navideñas, en concreto o 31 de decembro  O documento tenta evitar os efectos negativos da Declaración de Impacto Ambiental e do Informe da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, ditados agora hai un ano, que impiden autorizar na súa integridade o proxecto mineiro de ouro en Salave. OURO NON critica que a publicación deste novo trámite realizouse en plenas datas do Nadal e de modo case clandestino. É obvio que a publicación o 31 de decembro busca que pase desapercibida, en exercicio da peor tradición administrativa deste país. Doutra banda, non se notificou directamente aos centos de alegantes á mina, a pesar de pedir formalmente información respecto diso durante as últimas semanas. Ade...

Minería, Sociedade, Política e Consumo - Conversas

Imaxe
Aquí vos deixamos a conversa entre  Emilio Menéndez, Carlos Taibo e Braulio Amaro que tivo lugar en Laxe o día 15 de decembro, un debate  sobre minaría, política, economía e sociedade a partir do caso de Corcoesto. A grabación foi realizada por Cora Peña e o equipo do documental que se está a realizar sobre o proxecto mineiro de Corcoesto: "Tesouro de Corcoesto" .  Máis info sobre este documental no seguinte enlace: http://www.corcoesto.com/ http://www.corcoesto.com/  

O alcalde de Cabana pretende regalar agua a Edgewater pero failla pagar ós veciños.

Imaxe
O alcalde de Cabana súbelle a auga aos veciños mentres pretende regalarlle 1.400 millóns de litros anuais á empresa mineira Edgewater. Bergantiños amosa a súa indignación coa subida do recibo da auga aplicado polo alcalde de Cabana aos veciños, mentres pretende regalarlle á empresa mineira canadense Edgewater, 1.400 millóns de litros anuais durante os oito anos de explotación mineira. O consumo de auga previsto pola empresa mineira que figura no estudo de impacto ambiental, equivale ás necesidades anuais de 22.562 persoas, o que representa case cinco veces a poboación do Concello de Cabana. Resúltanos dificilmente explicable a xestión e a actitude do alcalde, que non ten reparos en regalar a auga aos de fora, pero pretende cobrarlla a “prezo de ouro” aos veciños do Concello que el administra. Precisamente os veciños de Cesullas, Canduas e Neaño, están agora a pagar a mala xestión do Sr. José Muiño, que non foi quen de adxudicar o servizo de auga no prazo dun an...

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA NOVEMBRO 2013

Conferencias mes de decembro: Carlos Taibo e Emilio Menéndez

Imaxe
Os días 12 e 13 de decembro organizamos nos concellos de Carballo e Laxe 2 conferencias moi interesantes que imparticiparán Carlos Taibo e Emilio Menéndez, ambos mestres da Universidade Autónoma de Madrid. Xoves 12 - Carballo - Pazo da Cultura "Decrecemento, consumo e enerxía" - Carlos Taibo Venres 13 - Laxe - Salón de Actos Municipal "Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente" - Carlos Taibo e Emilio Menéndez Carlos Taibo Arias  (Madrid, 12 de maio de 1956) é un escritor, editor e profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, así como do decrecemento e da democracia directa. Súa é a frase « A globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control». Criticou duramente a lóxica do crecemento económico, desligándoo do progreso e benestar. Aquí unha das súas conferencias titulada "En defensa del Decrecimiento" do ano 2010  'En ...