O Parlamento Europeo prohibe o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras

O PARLAMENTO EUROPEO INSISTE EN PROHIBIR O CIANURO NA MINARIA





Boas noticias chégannos desde a campaña BangBan Cyanide, campaña para a prohibición do uso de cianuro en minaría en Europa. Ban Cyanide é unha organización internacional da que fai parte a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

Tras unha clara votación con 566 votos a favor e 8 en contra, o Parlamento Europeo reiterou o seu chamamento á Comisión Europea a prohibir canto antes o uso de cianuro en minaría dentro das fronteiras da Unión Europea.

O Parlamento Europeo emitiu o 27 de abril unha resolución [1] sobre a implementación da Directiva de Residuos Mineiros (2006/21/EC). Esta regula o manexo dos residuos das industrias extractivas e inicialmente adoptouse fai sete anos, como consecuencia do tráxico accidente con cianuro nunha mina de ouro en Baia Mare/Romanía no ano 2000.

A Directiva de Residuos Mineiros e a súa adopción por parte dos Estados Membro foi suxeito dunha revisión levada a cabo polo Comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo [1]. Entre outras conclusións, o informe do Comité conclúe que a implementación práctica das disposicións da directiva é problemática. Como cuestión importante, destaca que existen problemas prácticos reais cos plans de emerxencia (en instalacións da Categoría A), así como cos permisos e inspeccións (en todos os tipos de instalacións, incluídos os de Categoría A). Estes dous exemplos son sumamente relevantes xa que a falta da súa aplicación incrementa drasticamente o risco das actividades mineiras sobre a saúde humana e ambiental.

A resolución adoptada polo Parlamento Europeo o 27 de abril destaca ademais a necesidade de reducir o uso de materias primas e de promover no seu lugar a reciclaxe e reutilización en vistas a unha transición da Unión Europea cara á economía circular.

“A directiva de residuos mineiros xorde como consecuencia do accidente de Baia Mare. A rotunda votación no Parlamento Euripeo confirma que a directiva é perigosamente ineficiente. En todo caso, foi a pura sorte e non medidas adecuadas de seguridade o que evitou que sucedan novos accidentes”, di Roxana Pencea-Bradatan da coalición BangBan Cyanide.

“Ao rexeitar previamente a prohibición do uso de cianuro en minaría, a Comisión Europea apuntou á Directiva de Residuos Mineiros; argüindo que sería o instrumento co que previr accidentes. O informe no que se basea a recente votación no Parlamento Europeo confirma de forma concluínte que esta directiva non é efectiva a este respecto. Non existen máis escusas para non actuar. Prohibir o uso de cianuro en minaría non só é unha resposta responsable, senón tamén un deber á luz da demanda reiterada desde o Parlamento Europeo”, conclúe Stephanie Roth da campaña Save Rosia Montana!
***
Nota:
[1] Resolución do Parlamento Europeo de 27 Abril 2017 sobte a implementación da Directiva de Residuos Mineiros (2006/21/EC) http://bit.ly/2pebxvc e o resultado da votación (A8-0071/2017) http://bit.ly/2pczcgp


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Carta aberta ao señor Franco Grande

Visto bo ambiental da Consellería de Infraestruturas