Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lidia Senra

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi...

Importante resposta da Comisión europea sobre a reclamación de Edgewater

Imaxe
Reproducimos, polo seu interese, a pregunta realizada no Parlamento Europeo pola eurodeputada de AGE Lidia Senra, así como a resposta da Comisión. Nelas queda claro que a empresa Edgewater non ten dereito algún a reclamar indemnización polas posibles perdas derivadas da denegación do seu proxecto.  É,por tanto, unha nova estocada para Mineira de Corcoesto. PREGUNTA PARLAMENTAR: Perguntas Parlamentares (Parlamento Europeu, Comissão) 9 de outubro de 2014, E-007767-14 Pergunta com pedido de resposta escrita à Comissão, Artigo 130.° do Regimento Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) Assunto: Acordo CETA e empresa Edgewater na Galiza O CETA estabelece mecanismos que conferem às multinacionais o direito de apresentar exigências aos governos, quando estes tomam decisões que considerem que afetam os seus negócios. Na Galiza, a empresa canadiana Edgewater pretende obter autorização do governo galego para a exploração mineira de ouro,...

Xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza"

Imaxe
Onte finalizaron as xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza" , promovidas pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE) , Lídia Senra, e que contou no Parlamento Europeo en Bruxelas ca participación de 55 persoas representantes de distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa do noso territorio .   Momento das Xornadas Nelas levouse a cabo unha exposición das problemáticas e metodoloxías de artellamento de loitas vinculadas á resistencia contra os proxectos mineiros, na que interviñeron: Francisco García Trigo en representación da nosa Plataforma , falando da loita contra a empresa canadiense Edgewater  en Corcoesto, que pretendía sacar adiante unha mina de ouro a ceo aberto que afectaría directamente a tres parroquias: Corcoesto (Concello de Cabana) Valenza e Cereo (Concello de Coristanco).Cunha poboación total directamente afectada duns 1000 veciños, polo que esta actividade medioambientalmen...

Participamos nas xornadas: "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", en Bruxelas

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro A nosa Plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL, a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro  co título de  “AS DIFERENTES VIAS DE  ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA” . Esta iniciativa pretende levar a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar. A actividade consistirá nun encontro no que persoas dos diferentes  colectivos explicarán como afecta ...