O derrame de cianuro de Baia Mare afectou a tres países. Fonte da imaxe. Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,...) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos NON se coñece. Precisamente se emprega a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993). O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “ non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de tódalas formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira ”. Isto constátase con feitos como os seguintes: No 2000, en Baía Mare (Romanía), un derrame de residuos cianurados ar...
A resolución do Parlamento Europeo mencionada arriba solicitaba a prohibición do uso de cianuro, non o prohibía. A Comisión Europea rexeitou dita solicitude de prohibición mediante a seguinte resolución:
ResponderEliminarhttp://www.europarl.europa.eu/sides/getAllAnswers.do?reference=P-2010-3589&language=EN
Polo cal, o cianuro a día de hoxe non está prohibido na Unión Europea.
¡Qué gran tranquilidad nos da eso Anónimo! ¿Quiere decir eso que ya nos pueden envenenar sin ningún temor, incluído a tí?
EliminarNa diapositiva 8 da presentación "A mina de Corcoesto en cifras" dicides que o rpoxecto consumirá 2.800.000.000 litros de auga. Nembragantes, na páxina 31 do EIA dí: “Recursos de agua necesarios 1.400.000 m3/año (1.400.000.000 l)”.
ResponderEliminarDe onde sacades que será xusto o dobre??
Anónimo primeiro: non creo q vexas nesta páxina ningún lugar no q se diga q o cianuro está prohibido na Unión Europea. Só dicimos que o Parlamento europeo, constituído por parlamentarios elixidos democraticamente e q polo tanto son os nosos representantes, rexeitou o uso do cianuro na minería e instou, en termos para nada ambiguos, a tódolos países da Unión a prohibilo.
ResponderEliminarA Comisión Europea, composta por persoas q teñen fortes intereses económicos persoais en moitos eidos, entre eles a minaría, non a prohibiu: xa o sei.
O mesmo pasou coa Declaración de Berlín: unha pila de científicos q se reuniu alí fixo fincapé na importancia de prohibir o uso do cianuro na minaría.
Ninguén lles fai caso.
Bueno, ninguén non. Hai algúns países q xa a prohibiron, como seguramente saberás...
EliminarAnónimo segundo: tes razón, equivoqueime. Se o proxecto di q se precisan 1.400.000.000 l ANUAIS, o TOTAL q consume é moitísimo máis q os 2.800.000.000 q eu poño na diapositiva, xa q habería q multiplicar eses mil catrocentos millóns de litros polos 8-10 anos de duración, o q dá unha cifra moito maior...en q estaría eu pensando!
ResponderEliminarGrazas por alertarme do erro! ;-) En canto teña un momento corríxoo e engádolle ceros
Pedimos desculpas polo erro cometido, erro que aínda por riba...era a favor da empresa mineira! Queda o PPS corrixido, e engadimos tamén nesta páxina informativa unha ligazón ao EIA do proxecto, por se alguén ten interese en contrastar os datos.
ResponderEliminarMoitas grazas novamente ao anónimo por informarnos do erro.
A presentación "A mina de corcoesto en cifras" xa non está!!, quixen deixar o enlace no meu blog.
ResponderEliminarperdón! fixen modificacións e esquecín cambiar a ligazón
ResponderEliminarqueda subsanado o erro
grazas polos vosos comentarios, e por avisar dos erros!