O Pleno de Carballo aproba a nosa moción sobre caducidade dos dereitos mineiros
O pasado luns debateuse no pleno municipal de Carballo a moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros de Corcoesto que foi presentada a ese Concello pola nosa Plataforma. A moción, asumida e presentada polo BNG, xa que a Plataforma non ten entidade xurídica para presentar mocións nos Concellos, foi aprobada cos votos de BNG e PSOE, a abstención do TEGA e os votos en contra do PP. Nela recóllese a solicitude á Xunta de Galicia da incoación urxente do procedemento para a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto de Corcoesto. En representación do Partido Popular, Núñez Centeno reiterou o seu apoio ao proxecto, afirmando que se chega unha empresa solvente e con garantías vai ter o camiño libre pola súa parte. Como podedes ver nas imaxes do noso compañeiro Nacho Gándara, un numeroso grupo de activistas da nosa Plataforma estivo presente durante o debate da moción, apoiándoa coa súa presenza. Texto da solicitude de caducidade dos dereitos mineiros presentad