Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta concesións

Edgewater perde definitivamente as concesións de Corcoesto

Imaxe
  A empresa mineira canadense Edgewater perde definitivamente as concesións mineiras de Corcoesto. O Tribunal Constitucional avala a modificación da lei da minaría de Galicia que determina a perda das concesións mineiras de Edgewater. O tribunal Constitucional vén de avalar a modificación da lei de minaría de Galicia introducida polo artigo 84 da lei 12/2014, de medidas fiscais e administrativas, pola cal a denegación da autorización da explotación por calquera das causas legais, determinaría a caducidade dos dereitos mineiros. Esta modificación da lei afectaba de cheo á empresa mineira canadiense Edgewater, que pretendía explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, xa que o seu proxecto de explotación foi cancelado pola Xunta de Galicia en marzo de 2014, por falta de solvencia técnica e económica da empresa. Esta cancelación e a publicación posterior da modificación da leid a minaria de Galicia supoñía para Edgewater...

Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social

Imaxe
O Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas , xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é. A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña. Dificultades no acceso a información O anuncio non facilita outra información ademais das...

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi...

As vosas vaguedades, cumprido fin terán

Imaxe
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.   O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional: A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU. Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pre...

Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

Imaxe
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación. A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños. Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta nova disposición  recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais...