Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

O alcalde de Cabana pretende regalar agua a Edgewater pero failla pagar ós veciños.

Imaxe
O alcalde de Cabana súbelle a auga aos veciños mentres pretende regalarlle 1.400 millóns de litros anuais á empresa mineira Edgewater. Bergantiños amosa a súa indignación coa subida do recibo da auga aplicado polo alcalde de Cabana aos veciños, mentres pretende regalarlle á empresa mineira canadense Edgewater, 1.400 millóns de litros anuais durante os oito anos de explotación mineira. O consumo de auga previsto pola empresa mineira que figura no estudo de impacto ambiental, equivale ás necesidades anuais de 22.562 persoas, o que representa case cinco veces a poboación do Concello de Cabana. Resúltanos dificilmente explicable a xestión e a actitude do alcalde, que non ten reparos en regalar a auga aos de fora, pero pretende cobrarlla a “prezo de ouro” aos veciños do Concello que el administra. Precisamente os veciños de Cesullas, Canduas e Neaño, están agora a pagar a mala xestión do Sr. José Muiño, que non foi quen de adxudicar o servizo de auga no prazo dun an

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA NOVEMBRO 2013

Solidariedade coa loita de Rosia Montana

Imaxe
Solidaritatea cu lupta de la Rosia Montana Platforma de apărarea Corcoesto și Bergantiños. Our solidarity with the struggle of Rosia Montana Platform by defending Corcoesto and Bergantiños. A nosa solidariedade coa loita de Rosia Montana Plataforma pola  defensa de Corcoesto e Bergantiños. SALVATI ROSIA MONTANA NON Á MINA DE CORCOESTO Apertas dende Galiza

Conferencias mes de decembro: Carlos Taibo e Emilio Menéndez

Imaxe
Os días 12 e 13 de decembro organizamos nos concellos de Carballo e Laxe 2 conferencias moi interesantes que imparticiparán Carlos Taibo e Emilio Menéndez, ambos mestres da Universidade Autónoma de Madrid. Xoves 12 - Carballo - Pazo da Cultura "Decrecemento, consumo e enerxía" - Carlos Taibo Venres 13 - Laxe - Salón de Actos Municipal "Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente" - Carlos Taibo e Emilio Menéndez Carlos Taibo Arias  (Madrid, 12 de maio de 1956) é un escritor, editor e profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, así como do decrecemento e da democracia directa. Súa é a frase « A globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control». Criticou duramente a lóxica do crecemento económico, desligándoo do progreso e benestar. Aquí unha das súas conferencias titulada "En defensa del Decrecimiento" do ano 2010  'En