Derbi Valenza-Cereo
Rivais para o fútbol, compañeiros de loita contra a mina Hoxe celebrouse no campo das Chaves de Valenza o tradicional derbi Valenza – Cereo. Os dous equipos decidiron limitar a súa histórica rivalidade aos 90 minutos do partido por una causa moi especial: Xogadores e seareiros dos dous equipos quixeron amosar publicamente, posando cunha pancarta, a súa unión á hora de rexeitar o proxecto de mina a ceo aberto, promovido por una multinacional canadense, que ameaza as parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza. Xuntos colaboraremos en tódalas accións e mobilizacións encamiñadas a paralizar un proxecto que, de levarse a cabo, vai supoñer un grave impacto ambiental e socioeconómico nestas tres parroquias e a súa contorna. O encontro foi moi disputado, e aínda que o Cereo adiantouse no marcador, o Valenza remontou o encontro ata lograr a vitoria por 3 tantos a 2. Tamén queremos resaltar que tódolos xogadores participantes, así como o árbitro, sobreviviron ao enc...