Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

Presentación da "Guía para o descenso enerxético

Imaxe
  Nova actividade pública da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños O Domingo 16 de Novembro ás 11 h. no Local social de Corcoesto (escola de Cures) presentamos a “Guía para o descenso enerxético, preparando unha Galiza pospetróleo" da Asociación Véspera de Nada, baixo a denominación: Volta ao rural: Cómo sobrevivir ao fin da era da abundancia? A Guía presentarase na escola de Cures A presentación da mesma correrá a cargo de Xoán R. Doldán , natural de Ponteceso, profesor de Economía Aplicada da USC, coautor da guía e presidente da Asociación Véspera de Nada. Na mesma abórdase que a civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo . Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista. Galiza , despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e