Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo
Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada que percorrerá a zona afectada pola proxectada mina de Corcoesto. A Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo anima á participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas afectadas pola proxectada actividade mineira. Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto. DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014 HORA: 9:00 de Arteixo PREZO transporte: 8 € socio. 12 € non socios. PLAZAS LIMITADAS Inscripcións: direccion@montedaestrela.org Máis Info: http://montedaestrela.org/ MAPA DO PERCORRIDO DO ROTEIRO Dende a A Asoción C