A Universidade de Vigo non apoia o proxecto mineiro de Corcoesto
Universidade de Vigo. Imaxe de Septem Trionis A Universidade de Vigo non apoia o proxecto mineiro de Corcoesto. Advirte de que resolverá o convenio subscrito coa empresa mineira se esta utiliza a sinatura do mesmo para xustificar o proxecto. A Universidade de Vigo vén de comunicar á Plataforma pola Defensa de Corcoesto que en ningún momento dou o seu apoio institucional ao proxecto para a explotación da mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. Esta comunicación prodúcese despois de que a empresa mineira canadense Edgewater, fixera pública a sinatura dun convenio de colaboración coa citada universidade e o trasladara aos medios de comunicación como si se tratara do respaldo institucional explícito da Universidade de Vigo a un proxecto que conta cunha forte oposición social, non só na contorna, senón tamén en toda Galicia e especialmente dentro da comunidade investigadora e universitaria. ...