O derrame de cianuro de Baia Mare afectou a tres países. Fonte da imaxe. Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,...) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos NON se coñece. Precisamente se emprega a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993). O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “ non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de tódalas formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira ”. Isto constátase con feitos como os seguintes: No 2000, en Baía Mare (Romanía), un derrame de residuos cianurados ar...
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.