Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2016
As declaracións de Jim Yong Kim e o dereito a defender a terra
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Hai cousa dun mes, Jim Yong Kim, Presidente do Banco Mundial, fixo unhas declaracións nun Seminario celebrado en Nova Iorque nas que facía referencia ao asasinato de Berta Cáceres nuns termos que consideramos absolutamente inaceptables. Na súa intervención, que podedes ver neste vídeo de youtube, o presidente do Banco Mundial daba a entender que aceptaba como algo practicamente inevitable a posibilidade de que se producisen ataques a activistas. En resposta a unha pregunta sobre os evidentes impactos das grandes represas, e sobre os ataques sufridos por activistas, como no caso de Berta Cáceres en Honduras, respondeu que "non se pode facer o tipo de traballo que estamos tratando de facer e non ter algún destes incidentes ". Enfádanos profundamente que se cualifique de " incidente" un feito tan grave como o asasinato brutal dunha activista. Defender a terra non é delito Ademais, suxeriu que a enerxía das grandes represas é a única alternativa posible f...
Edgewater perde definitivamente as concesións de Corcoesto
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A empresa mineira canadense Edgewater perde definitivamente as concesións mineiras de Corcoesto. O Tribunal Constitucional avala a modificación da lei da minaría de Galicia que determina a perda das concesións mineiras de Edgewater. O tribunal Constitucional vén de avalar a modificación da lei de minaría de Galicia introducida polo artigo 84 da lei 12/2014, de medidas fiscais e administrativas, pola cal a denegación da autorización da explotación por calquera das causas legais, determinaría a caducidade dos dereitos mineiros. Esta modificación da lei afectaba de cheo á empresa mineira canadiense Edgewater, que pretendía explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, xa que o seu proxecto de explotación foi cancelado pola Xunta de Galicia en marzo de 2014, por falta de solvencia técnica e económica da empresa. Esta cancelación e a publicación posterior da modificación da leid a minaria de Galicia supoñía para Edgewater...
Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas , xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é. A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña. Dificultades no acceso a información O anuncio non facilita outra información ademais das...
Visita a Megali Panagia
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A pasada semana, persoas da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, visitaron Megali Panagia, unha localidade de Halkidiki na Macedonia grega, moi próxima á mina de Skouries. Halkidiki, o terceiro destino turístico de Grecia, vese agora ameazado con este proxecto de 317 quilómetros cadrados de concesións mineiras que inclúen explotacións subterráneas, e a nova mina a ceo aberto en Skouries, que planea crear segundo á empresa un cráter de 700 metros de diámetro, mais que probablemente será moito máis grande. Esta mina contou desde o primeiro momento coa oposición da poboación poboación local, das organizacións ambientais e cos informes negativos de organizacións científicas independentes. Porén, esta oposición foi brutalmente reprimida e os informes científicos ignorados. Mentres tanto, producíronse diversos procesos tramposos e escuros de transmisión de dereitos mineiros, exencións ilegais de impostos, construcións de estradas privadas a cargo do estad...