Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo
Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada que percorrerá a zona afectada pola proxectada mina de Corcoesto.
A Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo anima á participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas afectadas pola proxectada actividade mineira.
Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.
DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014
HORA: 9:00 de Arteixo
PREZO transporte: 8 € socio.
12 € non socios.
PLAZAS LIMITADAS
Inscripcións: direccion@montedaestrela.org
Máis Info: http://montedaestrela.org/
MAPA DO PERCORRIDO DO ROTEIRO |
Dende a A Asoción Cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, animamos á participación nesta andaina como un acto máis de denuncia á pretendida instalación da mina. Especialmente convidamos aos xornalistas dos diferentes medios de comunicación para que coñezan “in situ” toda a área afectada.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.