Carta aberta ao señor Franco Grande
Río Anllóns. Imaxe de Manusemo Estimado Señor: O motivo que me leva á ousadía de escribirlle é a profunda dor que me producen as súas palabras, na discrepancia co seu amigo X. M. Beiras polo apoio á loita en contra do proxecto mineiro de Corcoesto, pola razón -entendo fundamentada- da mesma. Nacín en Corcoesto, un fermoso leito entre dous vellos montes deses que suavemente ondean debuxando a paisaxe da comarca de Bergantiños, agora ameazada polo proxecto mineiro a ceo aberto que pretende levar a cabo unha multinacional con sede en Vancouver (Canadá, como vostede sabe). Polo momento vivo aquí -sonlle un dos centos de afectados máis inmediatos e un dos moitos milleiros de sensibilizados, ao igual que o señor Beiras- inmerso nunha terrible pero non quieta espera ao tempo que se producen moitos acontecementos, algúns manifestamente en favor desa inminente destrución, outros parece que incomodamente en contra, froito dunha incansable loita social na que me honra ter
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.