Conferencias mes de decembro: Carlos Taibo e Emilio Menéndez
Os días 12 e 13 de decembro organizamos nos concellos de Carballo e Laxe 2 conferencias moi interesantes que imparticiparán Carlos Taibo e Emilio Menéndez, ambos mestres da Universidade Autónoma de Madrid.
Xoves 12 - Carballo - Pazo da Cultura
"Decrecemento, consumo e enerxía" - Carlos Taibo
Venres 13 - Laxe - Salón de Actos Municipal
"Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente" - Carlos Taibo e Emilio Menéndez
Carlos Taibo Arias (Madrid, 12 de maio de 1956) é un escritor, editor e profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, así como do decrecemento e da democracia directa. Súa é a frase « A globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control». Criticou duramente a lóxica do crecemento económico, desligándoo do progreso e benestar.
Aquí unha das súas conferencias titulada "En defensa del Decrecimiento" do ano 2010
'En defensa del decrecimiento' Carlos Taibo from miciudadreal_es on Vimeo.
Emilio Menéndez, é Doutor en Enxeñaría de Minas, Profesor Honorífico da Universidade Autónoma de Madrid e Subdirector de I+D de Endesa até 2001. É un firme defensor dos novos modelos de enerxías renovables e aposta por novos esquema enerxéticos máis limpos e de maior accesibilidade. Na súa conferencia do día 13 en Laxe, falará xunto con Carlos Taibo sobre isto e moito máis na conferencia que leva como título: "Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente"
Deixamos tamén unha entrevista que lle realizaron a Emilio Menéndez en Febreiro deste ano no CIRCE, Centro de Investigación de Recursos e Consumos Enerxéticos, onde impartiu unha das clases dos seus Masters:
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.