Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

O Principado de Asturias rexeita definitivamente o proxecto mineiro de Asturgold en Tapia de Casariego

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños congratulámonos pola vitoria do colectivo Oro No, compañeiros de loita contra a minaría. Reproducimos, traducida ao galego, a nota de prensa enviada por Oro No aos medios de comunicación:
A Plataforma ORO NO quere mostrar a súa ledicia e satisfacción pola decisión do Principado de Asturias, a través da Comisión de Asuntos Medioambientais (CAMA), de emitir unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable para o proxecto de Asturgold en Tapia de Casariego.
ORO NO entende que non cabía outra opción máis que rexeitar o proxecto de Asturgold por non cumprir a normativa e ser inviable medioambientalmente, como quedou acreditado por informes técnicos e legais, entre eles, os da Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Por outra parte, con esta decisión, respéctase o sentir maioritario da poboación, que vía neste proxecto unha ameaza ao seu entorno, non só ao medioambiente, senón tamén aos seus medios de vida: turismo, gandarí…

Xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza"

Imaxe
Onte finalizaron as xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", promovidas pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE), Lídia Senra, e que contou no Parlamento Europeo en Bruxelas ca participación de 55 persoas representantes de distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa do noso territorio.


Nelas levouse a cabo unha exposición das problemáticas e metodoloxías de artellamento de loitas vinculadas á resistencia contra os proxectos mineiros, na que interviñeron: Francisco García Trigo en representación da nosa Plataforma, falando da loita contra a empresa canadiense Edgewater  en Corcoesto, que pretendía sacar adiante unha mina de ouro a ceo aberto que afectaría directamente a tres parroquias: Corcoesto (Concello de Cabana) Valenza e Cereo (Concello de Coristanco).Cunha poboación total directamente afectada duns 1000 veciños, polo que esta actividade medioambientalmente inviable afectaría a un entorno fortemen…

Participamos nas xornadas: "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", en Bruxelas

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro A nosa Plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL, a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro  co título de  “AS DIFERENTES VIAS DE  ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA”.

Esta iniciativa pretende levar a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar.
A actividade consistirá nun encontro no que persoas dos diferentes  colectivos explicarán como afecta o proxecto contra o que están l…

"Los Soprano"

Imaxe
Deixámosvos aquí os vídeos da última intervención no Parlamento galego do deputado de AGE, Antón Sánchez, en relación ao proxecto mineiro de Corcoesto.
No primeiro deles vemos como Antón Sánchez pide ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que aclare se son ou non verdade unhas supostas declaracións do director do Igape, Javier Aguilera, transcritas dunhas gravacións feitas pola empresa Mineira de Corcoesto, e incluídas no recurso de reposición presentado por esa empresa.
Nestas supostas declaracións o director do Igape afirmaba ter avalado o proxecto da mina a ceo aberto en Corcoesto durante unha cea coa empresa e antes de coñecer o proxecto.

Neste outro, e diante da falta dunha resposta clara por parte do Conselleiro, Antón Sánchez acúsao de "irse polos cerros de Úbeda".  O deputado remata dicindo que "...isto non é Salsa Rosa nin Sálvame de Luxe, é Los Soprano", en clara alusión aos aparentes trapicheos habidos entre empresa e Consellería. 





Presentación da "Guía para o descenso enerxético

Imaxe
Nova actividade pública da Plataforma pola defensa de Corcoesto e BergantiñosO Domingo 16 de Novembro ás 11 h. no Local social de Corcoesto (escola de Cures) presentamos a “Guía para o descenso enerxético, preparando unha Galiza pospetróleo" da Asociación Véspera de Nada, baixo a denominación:

Volta ao rural: Cómo sobrevivir ao fin da era da abundancia?

A presentación da mesma correrá a cargo de Xoán R. Doldán, natural de Ponteceso, profesor de Economía Aplicada da USC, coautor da guía e presidente da Asociación Véspera de Nada.
Na mesma abórdase que a civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista. Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada a…

II Encontros galegos sobre os impactos da minaría

Imaxe
Os II Encontros galegos sobre os impactos da minaría celebraranse nesta ocasión en Lugo.
Neles participará un membro da nosa Plataforma, Paco García Trigo. 
Aquí podedes ver o cartaz co programa do evento:


Para máis información

Mina de Mongolia Massive pon en perigo a augua dos nómades e o seu sistema de vida.

Imaxe
A compañía Río Tinto, xigante da minaría, xestiona a mina mongola de Oyu Tolgoi, o maior depósito de cobre do mundo e un xacemento de especial importancia estratéxica. A compañía anglo-australiana, que xa se viu no punto de mira das críticas a causa de cargos por contaminación ambiental nos seus proxectos mineiros de Indonesia e Papúa Nova Guinea, volve a poñer en risco o medio ambiente, esta vez en Mongolia. Os habitantes do lugar temen que a explotación mineira poña en risco as súas reservas de auga para o futuro. 
Os acuíferos veranse alterados debido ás inxentes cantidades de auga requiridas para o procesado dos minerais. Un panorama que provoca o desasosego na poboación do lugar, por medo a que a explotación mineira poña en risco as súas reservas de auga para o futuro, e o seu modo de vida tradicional. Ler máis (en inglés)

Edgewater lanza globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade

Imaxe
Edgewater e Mineira de Corcoesto lanzan un globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade financeira.
As contas anuais do 2013 de Mineira de Corcoesto revelan o incumprimento da normativa contable española por non amortizar os activos intanxibles. O rexistro contable dunha única cota de amortización destes activos por parte de Mineira de Corcoesto, S.L., situaría á empresa en causa de disolución obrigatoria prevista na Lei de Sociedades de Capital.


A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños considera o anuncio das negociacións de Edgewater cun grupo empresarial español para retomar o proxecto mineiro de Corcoesto, un globo sonda para ocultar a súa extremada debilidade financeira e tratar de mellorar as perspectivas de cotización da empresa cuxo valor en bolsa está afundido desde outubro de 2013, cando o Presidente da Xunta anunciou no Parlamento a paralización definitiva do proxecto por incumprir as garantías técnicas e económicas. A capitalización en bolsa da matriz…

Non máis minas tóxicas en Europa! Campaña Bang! Ban Cyanide

Imaxe
Reproducimos o comunicado de prensa da coalición Bang¡ Ban Cyanide, da que facemos parte e que foi presentada simultaneamente o 29 de setembro en tódolos países que partillan a coalición, coincidindo coa audiencia ao candidato a comisario de Medio Ambiente da C.E., K. Vella, diante da Comisión ENVI do Parlamento Europeo:

Non máis minas tóxicas en Europa!
29 de setembro de 2014 As grandes minas de ouro ao descuberto están en alza en toda Europa. Isto é algo que a cidadanía da UE, en xeral, ignora, pero os metais utilizados nos computadores, dispositivos electrónicos e teléfonos móbiles teñen que vir dalgún sitio. A minería moderna mutila o  ambiente, produce contaminación por un longo período de tempo, utiliza grandes cantidades de produtos químicos altamente tóxicos como o cianuro e tamén, con frecuencia, despraza comunidades enteiras.

Somos unha coalición europea de organizacións non gobernamentais, grupos de acción e comunidades de Bélxica, Bulgaria, Finlandia, Francia,…

XORNADAS AGROECOLÓXICAS - VALENZA E CEREO

Imaxe
O próximo fin de semana temos o pracer de participar na I Xornada Agroecolóxica en Valenza e Cereo, 2 pequenas aldeas do concello de Coristanco. Serán dúos días intensos de debate e aprendizaxe sobre a soberanía alimentaria,a agricultura a pequena escala e a visión dunha labrega de produtos ecolóxicos de Galicia. Haberá comida de campo o sábado o mediodía e prácticas nas campos da zona onde Carmen nos mostrará todo o seu saber. 
TADES TODOS CONVIDADOS sexas de onde sexas só fai falla que nos avises. Inscricións 639 630 152

Comunicado de prensa conjunto emitido 19 de mayo 2014

Asociación Veselývrch -  plataforma ORO NO - Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños


El pasado Sábado 3 de mayo de 2014 tuvo lugar en Mokrsko, República Checa, el festival DOBRÁ NÁLADA NAD ZLATO. El objetivo de este encuentro era el de dar las gracias a todas las 
personas implicadas en las luchas contra la mega minería en Mokrsko y cualquier otro lugar del  planeta. En el acto estuvieron presentes muchas figuras de relevancia local, nacional e 
internacional. En primer lugar socializamos, bailamos, cantamos y disfrutamos de un entorno  natural de gran belleza, junto al río Vlatva y a 40 km de la capital Praga. 
Durante el acto nos reunimos representantes de diferentes organizaciones que estamos en lucha contra este tipo de proyectos agresivos tanto en la república Checa (Association of citizens Veselývrch and Čechy nad zlato), España (Plataforma ORO NO, Contraminacción, SOS Laciana, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños), Romania (SalvatiRosia Montana), Italy and …

Documental "Rosa de Corcoesto"

"Dar voz ós veciños"

Este foi o principal obxetivo de Xosé Bocixa e Manuel Vilas neste documental filmado en octubre de 2013.

"É un mini-documental sobre oconflicto en torno ó proxecto de unha macrominería de ouro a ceo aberto que foi filmado en octubre de 2013, inmediatamente despois de que a Xunta comunicase que desestimaba, polo de agora, o proxecto presentado por Edgewater", explican ambos.

Xosé Bocixa - Guión, Edición e Realización.
Manuel Vilas - Guión e Producción,

Se queredes coñecer un poco máis a realidade social do acontecido ó arredor deste proxecto non dudedes en votarlle unha ollada. Aquí vos deixamos o enlace.


O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitaria

Imaxe
Analizamos o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados.

O goberno da Xunta fachandea de que Galiza é a segunda comunidade autónoma en contar cun Plan Director da Rede Natura. O que non dí é que a outra Comunidade, A Rioxa, conta cun Plan Director de natureza substancialmente diferente ao aprobado por Galiza. 

Mentres en Galiza, o Decreto 37/2014 non contempla os obxectivos específicos e ordenación detallada dos niveis de protección e conservación dos LIC e ZEP, a norma da Rioxa inclúe como anexos os Plans de xestión e ordenación dos recursos naturais de cada unha das zonas especiais de conservación, e para cada unha delas detállanse as cuestións básicas de obxectivos estratéxicos e operativos, réxime de protección (coa regulación específica de usos e normativa), así como o programa de actuacións (co seu cronograma, orzamento e financiamento). 

 O EX…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA MARZO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA FEBREIRO 2014

Festa popular 29 de Marzo en Corcoesto: POR UNHA VIDA SEN MINA

Imaxe
As AA.V. de Cereo, Valenza, Corcoesto e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños co gallo da comunicación oficial pola Xunta da paralización definitiva do actual proxecto da mina de Corcoesto, celebramos o pasado día sábado 29 un xantar lúdico festivo na emblemática Carballeira de Sta. Mariña ( Corcoesto) baixo a denominación: Polo rexurdir da Primavera e o amor á Terra Este acto constituíu un recoñecemento aos apoios recibidos na loita contra a barbarie que pretendía Edgewater co proxecto da mina de Corcoesto e que suscitou un rexeitamento social no noso país sen precedentes. Con certeza a empresa canadiana ou outra con máis potencial económico van seguir insistindo con outros proxectos semellantes, polo que a celebración desta vitoria non implica que baixemos a garda no futuro inmediato. Eis a pretensión do Alcalde de Cabana de incluír a mina no futuro PXOM do concello ou a insistencia por parte de Edgewater da vixencia da Declaración de Impacto Ambiental ou a negat…

Xornada informativa e divulgativa sobre a loita contra a megamineria - CORISTANCO

A Asociación galega Amarante Setem no marco do programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, achegouse á comarca de Bergantiños para coñecer a labor desenvolvida pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños fronte á megaminería especulativa.
As actividades empezáronse ás 10:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco,onde os colectivos Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma ORO NO, de Asturias, e Amarante Setem ofreceron unha xornada de encontro para coñecer e reflexionar sobre os impactos que a megaminaría especulativa ten sobre o territorio e as persoas.
Proxectouse o documental “A Rosa de Corcoesto” na que contaron coa presenza do seu director,  Xosé Bocixa, que acampañou ás intervencións de ORO NO e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Para rematar a xornada represetantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, guiaron ás persoas participante…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA FEBREIRO 2014

Nova proxección do documental "Rosa de Corcoesto"

Imaxe

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA XANEIRO 2014

Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo

Imaxe
Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada  que percorrerá a zona afectada pola proxectada mina  de Corcoesto.
A Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo anima á participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas  afectadas pola proxectada actividade mineira.  Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da  Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar  “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.  
DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014 HORA: 9:00 de Arteixo PREZO transporte: 8 € socio.  12 € non socios. PLAZAS LIMITADAS Inscripcións: direccion@montedaestrela.org Máis Info: http://montedaestrela.org/


Dende a A Asoción Cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoes…

Mesa redonda ”Minaría, Territorio e Sustentabilidade”

Imaxe
Auditorio de Carballo, 31 de Xaneiro ás 20 h.

Ana Miranda, grupo Verdes-ALE no Parlamento Europeo, ex eurodeputada. Antón Sánchez, deputado no Parlamento Galego. Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC.


O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños inclúe o proxecto mineiro de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana.Advirte ao alcalde José Muiño que non vai consentir que se utilice o planeamento urbanístico para beneficiar á empresa mineira.A reserva de solo no novo PXOM para o proxecto mineiro de Corcoesto é unha burla á poboación de Cabana.
Nos próximos días estudiaremos o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes, e presentararemos alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de especial protección forestal.

Dende a plataforma advetimos a José Muiño que non vamos consentir que a través do planeamento se actúe en contra dos intereses xerais dos veciños para favorecer a unha empresa mineira canadense, xa que coa cualificación urbanística que se contempla no documento de aprobación inicial, está facilitándolle a obtención de solo para levar adiante un…

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo

O pasado 20 de Xaneiro unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo viaxaron a Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da Costa da Morte [1]. 

Invitados pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, analizouse os graves impactos que o frustrado proxecto mineiro tería para a poboación, tanto no eido da saúde, como no ambiental, económico e social.

A Comisión examinou previamente o informe remitido pola Plataforma que foi elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a mobilización do arsénico en Corcoesto. Neste informe indícase que o proxecto subestima a mobilidade real do arsénico e en consecuencia minimízanse os efectos que este elemento químico altamente canceríxeno ten sobre a saúde da poboación e o medio natural. Nel tamén se pon de manifesto o incumprimento da lexislación …

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA XANEIRO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DECEMBRO 2013

PLATAFORMA "ORO NO" CRITICA O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE SALAVE

OURO NON CRITICA O NOVO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE *SALAVE E ANUNCIA QUE SE MOBILIZARÁ PARA EVITAR UN “FRAUDE Á LEGALIDADE”

A plataforma Asturiana Oro No critica que o anuncio no BOPA do novo estudio de "Impacto Medioambiental" presentado por Astur Gold se faga en fechas navideñas, en concreto o 31 de decembro 

O documento tenta evitar os efectos negativos da Declaración de Impacto Ambiental e do Informe da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, ditados agora hai un ano, que impiden autorizar na súa integridade o proxecto mineiro de ouro en Salave.

OURO NON critica que a publicación deste novo trámite realizouse en plenas datas do Nadal e de modo case clandestino. É obvio que a publicación o 31 de decembro busca que pase desapercibida, en exercicio da peor tradición administrativa deste país. Doutra banda, non se notificou directamente aos centos de alegantes á mina, a pesar de pedir formalmente información respecto diso durante as últimas semanas.

Ademais, desde …

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DECEMBRO 2013

Minería, Sociedade, Política e Consumo - Conversas

Aquí vos deixamos a conversa entre Emilio Menéndez, Carlos Taibo e Braulio Amaro que tivo lugar en Laxe o día 15 de decembro, un debate  sobre minaría, política, economía e sociedade a partir do caso de Corcoesto.

A grabación foi realizada por Cora Peña e o equipo do documental que se está a realizar sobre o proxecto mineiro de Corcoesto: "Tesouro de Corcoesto" . Máis info sobre este documental no seguinte enlace: http://www.corcoesto.com/http://www.corcoesto.com/