Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2013

Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente

As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente. 77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto. As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da

O ALCALDE DE CABANA DEBERÍA VELAR POLA SAÚDE DOS VECIÑOS

A Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños esixe ao Alcalde de Cabana que faga o seu traballo e que vele pola saúde dos veciños. Desde o ano 2011 está consentindo que varios veciños de Corcoesto consuman auga contaminada con arsénico. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños esixe ao Alcalde de Cabana que en lugar de traballar para a empresa mineira, acudir a Bruselas coma un directivo máis da empresa, e de ir facer o ridículo á concentración convocada por esta fronte ao Parlamento galego, se dedique a facer o seu traballo como Alcalde dos veciños de Cabana. Neste sentido recórdanlle ao Sr. José Muiño que algúns veciños de Corcoesto están bebendo auga contaminada con arsénico co seu coñecemento desde o ano 2011, concretamente das fontes de “as labradas”, “augalavada” e “augalavada 1”, que presentan uns niveis de arsénico segundo información que figura no control preoperacional de augas superficiais de Corcoesto, elaborado por Applus Norcontrol para a emp

Solicitamos ó Parlamento Europeo que revise a Declaración de Impacto Ambiental.

   Remítelle á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe científico da USC sobre o Arsénico.        O informe elaborado polos profesores da USC Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral, invalida a Declaración de Impacto Ambiental.          Máis de 100.000 persoas quedarían expostas ao arsénico, un elemento altamente canceríxeno A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe científico elaborado polos profesores da Universidade de Santiago Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral, que bota por terra o Estudo de Impacto Ambiental realizado pola empresa mineira sobre o proxecto de Corcoesto, e que, en consecuencia, supón a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental que lle outorgou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. No informe científico pon

Feijoo vele polos intereses de Galicia e non polos de Canadá

Imaxe
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, critica a visita do embaixador de Canadá Jon Allen a Galicia para actuar como lobby mineiro xusto no momento en que a Xunta decide paralizar o proxecto de Corcoesto, por non cumprir os mínimos requisitos técnicos, económicos e ambientais. Para a plataforma non é de recibo que a mina de Corcoesto se poida empregar como moeda de cambio por investimentos ou colaboracións no eido naval, téxtil ou “curiosamente” no eido forestal , cando o que se pretende e arrasar con máis de setecentas hectáreas desta superficie de alta capacidade produtiva no Concello de Cabana de Bergantiños, segundo recoñece a propia lei de montes de Galicia. Segundo a Plataforma “O estreitamento de lazos comerciais non pode levar consigo a venda do noso territorio, non somos un país terceiromundista, os galegos non o imos consentir.” Fonte da imaxen: El pais  http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/15/galicia/1373911985_451516.html Recórdanlle a Fei

Esiximos a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto

A raíz da nota de prensa publicada na súa web pola Consellería de Industria, a Plataforma  pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solicita a retirada do proxecto e a nulidade da DIA ditada no seu día pola Xunta. Na nota de prensa da Consellería podemos ler que:  “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste. “ Pola nosa parte, pensamos que este recoñecemento oficial de que o proxecto de Edgewater  incumpre os requisitos ambientais e técnicos, debería supoñer por parte das autoridades a inmediata retirada dunha DIA que, como eles mesmos recoñecen implicitamente, foi ditada de maneira inadecuada. Así mesmo, esiximos que, se esta empresa quere levar adiante o seu proxecto, elabore un novo EIA completo, con todos os informes pertinentes, e o presente de novo a exposición pública. Non é de recibo que, despois de ditar unha DIA favorable, se estea a fala

A Xunta NON autoriza a mina de Corcoesto por falta de garantías

Imaxe
Despois de meses de loita e duro traballo por parte de asociacións, colectivos e moitas persoas anónimas que dedican o seu tempo libre a loitar contra esta barbarie de forma altruísta, onte ó fin tivemos unha boa noticia, a Xunta publicou unha nota de prensa có seguinte:  A Xunta non autoriza o proxecto mineiro de Corcoesto e condiciónao ao cumprimento de maiores garantías técnicas e económicas Din que a Consellería de Economía e Industria mantivo un encontro onte con representantes da empresa mineira de Corcoesto no que se lles trasladou que a administración non autoriza o proxecto mineiro de non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica.  A xunta solicita á empresa que acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo. De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais,

¡Non queremos ser outro Aznalcóllar!

Imaxe
Edgewater e a súa filial Mineira de Corcoesto, non teñen capacidade financeira para facer fronte a responsabilidades en caso de accidente. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto considera que a empresa canadense Edgewater e a súa filial Mineira de Corcoesto, S.L., non teñen capacidade financeira para facer fronte a responsabilidades para o caso de que acontezan accidentes graves derivados da rotura das balsas de residuos de lixiviación. Desastre minero Aznalcóllar - Imaxe da roptura da balsa e derrame de lodos tóxicos Segundo estudos da Sociedade Galega de Historia Natural, o custo irreparable do desastre ambiental que se produciría en caso de accidente sería de entre 300 e 350 millóns de euros. Fronte a isto, Mineira de Corcoesto, S.L., segundo as últimas contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil, presenta un patrimonio neto de un millón de euros computando as subvencións recibidas da Xunta de Galicia pendentes de imputar aos resultados do exercicio. Este patrimonio non

DESTRUCCIÓN DO MILLADOIRO DE CORCOESTO

Imaxe
O pasado día 1 de xuño nas proximidades do día mundial do medio ambiente celebrouse en Santa Mariña de corcoesto o "III Enarborar o Bosque", unha romería artísitco reivindicativa onde artistas e escritores amosaron o seu compromiso co medioambiente. Este ano centrouse na loita contra a mineiría a ceo aberto en Galicia e elexiuse o proxecto da mina de ouro de Corcoesto como máximo representante desta amenaza na actualidade. Foi unha xornada agradable onde se alternaron actuacións musicais en directo (Toñito de Poi, Josito Porto, Roberto Sobrado…), artistas creando na Carballeira de Santa  Mariña, recital de poesía e presentación do libro Versus Cianuro e obradoiros de pintura e estampado para o público asistente. Montouse tamén unha instalación artística colectiva contra o arsénico, o cianuro e a destrucción da natureza: o "Milladoiro de Corcoesto", unha proposta de Xacobe Meléndrez Fassbender na que participaron máis dun cento de persoas que escribiron desexos,