Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2013

Derbi Valenza-Cereo

Imaxe
Rivais para o fútbol, compañeiros de loita contra a mina Hoxe celebrouse no campo das Chaves de Valenza o tradicional derbi  Valenza – Cereo. Os dous equipos decidiron limitar a súa histórica rivalidade aos 90 minutos do partido por una causa moi especial: Xogadores e seareiros dos dous equipos quixeron amosar publicamente, posando cunha pancarta, a súa unión á hora de rexeitar o proxecto de mina a ceo aberto, promovido por una multinacional canadense, que ameaza as parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza. Xuntos colaboraremos en tódalas accións e mobilizacións encamiñadas a paralizar un proxecto que, de levarse a cabo, vai supoñer un grave impacto ambiental e socioeconómico nestas tres parroquias e a súa contorna. O encontro foi moi disputado, e aínda que o Cereo adiantouse no marcador, o Valenza remontou o encontro ata lograr a vitoria por 3 tantos a 2. Tamén queremos resaltar que tódolos xogadores participantes, así como o árbitro, sobreviviron ao encontr

Mineira de Corcoesto, denunciada por invasión e danos

Imaxe
Mineira de Corcoesto denunciada por invasión e danos nas propiedades sen autorización dos seus propietarios Ante a desatención reiterada por parte dos representantes da empresa Mineira ás súas queixas, veciños de Corcoesto veñen de denunciar os danos ante as Autoridades da Garda Civil, que fixeron acto de presenza nos montes afectados para constatar os feitos e tomar as imaxes que acompañan as dilixencias da infracción penal contra Mineira de Corcoesto. O primeiro contacto dos afectados coa empresa Mineira a raíz destas prácticas foi para requirila a que se retirasen unhas cintas de demarcación dentro de tres montes da súa propiedade no lugar de Baralláns, no linde das concesións mineiras, das que tiveron constancia no pasado mes de decembro, alertados por veciños propietarios das parcelas colindantes, que tamén desaproban estes atentados contra as súas propiedades. A empresa Mineira non só fixo caso omiso deste primeiro requirimento, senón que a maiores colocaron co

Carta de Ana e Marta

Carta aberta de Ana e Marta Díaz Rodríguez (de 10 e de 9 anos) ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sobre a mina de Corcoesto para pedirlle que pare o proxecto. “Sr. presidente Feijóo: Somos Ana e Marta, dúas nenas de 10 e 9 anos, que vivimos na parroquia de Valenza, en Coristanco. Oimos falar da mina de ouro de Corcoesto que vai estar nos montes detrás da nosa casa. Por eses montes paseamos moitas veces. Gústanos moito ir por alí porque é un sitio moi tranquilo e só se oen os paxariños, o rego de Lourido e o ruído dos pinos. Tamén nos gusta moito o muíño de Baralláns porque é un sitio moi bonito para ir de merenda. Ás veces descubrimos as pegadas do raposo e do porco bravo. Cando os nosos pais nos dixeron que todo iso ía desaparecer rompéusenos o corazón porque non queremos que desaparezan as árbores, os animais, o aire puro e a tranquilidade. Coa mina haberá grandes explosións tódolos días cerca da nosa casa e producirá moito po que chegará a todas partes, e tamé

Bandeiras de conveniencia

Imaxe
Canadá, bandeira de conveniencia para a minería salvaxe A empresa que pretende explotar o ouro de Corcoesto, é unha empresa canadense, igual que moitas outras do territorio español ou doutros países. É isto unha casualidade? Se vemos as explotacións de ouro no mundo, observamos que detrás dun elevado número delas encontramos unha empresa canadense. Poderíase dicir que Canadá é unha potencia mineira a nivel mundial, non polas súas reservas naturais de ouro, senón polo elevado número de empresas dese país que se adican á súa extracción. Ademais, o 60% das empresas mineiras do noso planeta están inscritas na bolsa de valores de Toronto, onde se levan a cabo o 80% das transaccións do sector. Por que ocorre iso? Á lexislación extremadamente permisiva coa que conta Canadá en canto á actividade mineira no seu propio territorio, temos que engadir a ausencia dunha normativa clara á hora de abordar as desfeitas producidas polas empresas mineiras transnacionais en terceiros países

Viabilidade económica do proxecto: sen demostrar

Imaxe
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto pide a Barklays Bank e Credit Suisse que non financien o proxecto mineiro de Corcoesto por estar en dúbida a súa viabilidade económica. Da Plataforma pola Defensa de Corcoesto vimos de remitir aos Consellos de Administración das entidades Barclays Bank e de Credit Suisse, con sede social en Londres e Suiza respectivamente, escritos nos que solicitamos que non lle concedan financiamento á empresa canadense Edgewater para o proxecto mineiro de Corcoesto por non estar debidamente acreditada a súa viabilidade económica. Os escritos acompáñanse dun informe da Universidade de Vigo que certifica que o proxecto de explotación unicamente pode asegurar un 22% dos recursos auríferos de Corcoesto. Concretamente sinala que “ as campañas de investigación certificaron a fiabilidade desa porcentaxe -15% medido y 7% indicado- sendo o restante 78% recursos inferidos ou “recursos de baixo nivel de confianza” . Este informe cuestiona

Carta aberta ao señor Franco Grande

Imaxe
Río Anllóns. Imaxe de Manusemo Estimado Señor:   O motivo que me leva á ousadía de escribirlle é a profunda dor que me producen as súas palabras, na discrepancia co seu amigo X. M. Beiras polo apoio á loita en contra do proxecto mineiro de Corcoesto, pola razón -entendo fundamentada- da mesma. Nacín en Corcoesto, un fermoso leito entre dous vellos montes deses que suavemente ondean debuxando a paisaxe da comarca de Bergantiños, agora ameazada polo proxecto mineiro a ceo aberto que pretende levar a cabo unha multinacional con sede en Vancouver (Canadá, como vostede sabe). Polo momento vivo aquí -sonlle un dos centos de afectados máis inmediatos e un dos moitos milleiros de sensibilizados, ao igual que o señor Beiras- inmerso nunha terrible pero non quieta espera ao tempo que se producen moitos acontecementos, algúns manifestamente en favor desa inminente destrución, outros parece que incomodamente en contra, froito dunha incansable loita social na que me honra ter

Proxecto estratéxico. 2: Investimentos

Imaxe
Na última entrada comezamos a explicar por que nós consideramos que o proxecto de Corcoesto non pode recibir a cualificación de estratéxico, xa que non cumpre os criterios que a propia Lei de política Industrial de Galicia establece. Hoxe analizaremos o segundo criterio, que é o seguinte: b) O volume de investimento, que deberá ser como mínimo de 50 millóns de euros; o nivel de creación de emprego, que deberá ser superior a 250 postos de traballo directos; e a diversificación que se introduza no tecido industrial galego. Se analizamos o proxecto de Corcoesto, vemos que a maioría dos investimentos previstos son investimentos en infraestruturas que non van quedar na zona. Na páxina 243 do Proxecto de Explotación, no apartado relativo a investimentos e infraestruturas, dise que se van realizar investimentos no capítulo de Acceso Xeral por valor de 1.686.179,04 euros. Estes investimentos son necesarios para a explotación pero non melloran a situación previa na zona ,

Proxecto estratéxico. 1. A importancia tecnolóxica.

Imaxe
Bolsas con pastillas de cianuro atopadas nunha mina de Jujuy O proxecto mineiro de Corcoesto saíu a exposición pública ao abeiro da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia. Segundo esta lei (que foi publicada no DOG, mira ti o que son as casualidades, moi pouco antes de que o proxecto mineiro saíse a exposición pública), aqueles proxectos que obteñan a consideración de estratéxicos obterán certos beneficios. Entre eles: A non suxeición á licenza urbanística municipal. A declaración de utilidade pública e de interese social do proxecto industrial estratéxico, así como a necesidade e a urxencia da ocupación dos bens e dos dereitos afectados dos que o solicitante da declaración teña a condición de beneficiario da expropiación. A declaración de urxencia ou de excepcional interese público para os efectos previstos nesta lei. A declaración de prevalencia sobre outras utilidades públicas. A concesión de forma directa de s