Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013

Mineira de Corcoesto e as mentiras sobre a auga

Imaxe
Un dos problemas que trae consigo a minaría de ouro é o do consumo de auga. Un proxecto destas características ten un enorme consumo de auga, e, consecuentemente, a redución da cantidade de auga que se pode destinar a outros usos. No proxecto fálase dun consumo duns 1.400.000 m3 anuais, entre a auga captada da chuvia (432.695) e a auga obtida de recursos subterráneos (967.305) 1.400.000 m3 equivalen a 1.400.000.000 litros, xa que un metro cúbico ten 1000 dm3, ou, o que é o mesmo, 1000 litros Se dividimos 1.400.000.000 litros/ano entre 365 días que ten o ano, obtemos a cifra de 3.835.616 litros /día, ou, o que é o mesmo, 3.835 metros cúbicos. Sen embargo, esa cantidade é moi diferente da que a empresa mineira manexa nunha publicidade (con aspecto de artigo informativo, pero publicidade ao fin e ao cabo) recentemente saída na prensa. Non deixa de ser curioso que expoñan unha cantidade no proxecto e outra moi diferente nos medios de comunicación. En cal dos dous text

A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais

Imaxe
Cos impostos, xogo limpo. Fonte da imaxe Son un galego de Monforte de Lemos residente en Xixón. Sigo con sumo interese todo o proceso sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Aínda que considero que existen razóns suficientes para oporme, non son dos que lles gusta entrar nunha suposta guerra de “bos” e “malos” optando polos argumentos duns e rexeitando os dos outros, senón que prefiro informarme e valorar, do mesmo modo, os documentos elaborados por todo tipo de expertos, independentemente da súa opinión particular, e valorando os aspectos positivos e negativos que calquera proxecto económico ten sobre o territorio, a poboación, formas de vida e as consecuencias futuras das actividades económicas a desenvolver. Considero, ademais, que a toma de decisións da poboación afectada debería facerse en condicións de “xogo limpo” (quizá sexa utópico!), e a publicidade enganosa non debería presentarse como información contrastada. Non se pode pretender vendernos un proxecto m

Enterro do Entroido-Manifestación en Coristanco

Imaxe
Queremos un futuro que non pase pola destrución do territorio A Plataforma pola defensa de Corcoesto chama á participación social na concentración-manifestación que se desenvolverá o vindeiro domingo 17 de Febreiro ás 18 h. que saíndo da rotonda de Carrefour en Coristanco   rematará na praza do Concello de Coristanco. Esta mobilización social está convocada para expresar a protesta da veciñanza polo intento da empresa canadiana EDGEWATER de instalar unha mina   a ceo aberto na parroquia de Corcoesto e que afectará directamente aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e por ende á ría de Corme-Laxe. A posíbel instalación desta mega-mina a ceo aberto está apoiada decididamente pola Xunta de Galicia e goza da complicidade manifesta dos alcaldes dos tres concellos citados. Queremos deixar ben claro que queremos un futuro para a nosa comarca que non pase pola destrución do territorio, a contaminación das súas augas, a eliminación da nosa forma de vid