Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Edgewater perde definitivamente as concesións de Corcoesto

Imaxe
  A empresa mineira canadense Edgewater perde definitivamente as concesións mineiras de Corcoesto. O Tribunal Constitucional avala a modificación da lei da minaría de Galicia que determina a perda das concesións mineiras de Edgewater. O tribunal Constitucional vén de avalar a modificación da lei de minaría de Galicia introducida polo artigo 84 da lei 12/2014, de medidas fiscais e administrativas, pola cal a denegación da autorización da explotación por calquera das causas legais, determinaría a caducidade dos dereitos mineiros. Esta modificación da lei afectaba de cheo á empresa mineira canadiense Edgewater, que pretendía explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, xa que o seu proxecto de explotación foi cancelado pola Xunta de Galicia en marzo de 2014, por falta de solvencia técnica e económica da empresa. Esta cancelación e a publicación posterior da modificación da leid a minaria de Galicia supoñía para Edgewater a p