Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2013

CAMPAÑA “Eu digo NON á mina de Corcoesto”.

Imaxe
A Xunta de Galicia acaba de rexeitar publicamente por segunda vez o proxecto da mina de ouro de Corcoesto, pero novamente, non o anula por razóns ambientais senón por cuestións financeiras.

Nós continuaremos a nosa mobilización ata que se anule o proxecto e a súa declaración de impacto ambiental (DIA), aprobada no seu día pola Xunta. O noso obxectivo persegue que este tipo de minaría a ceo aberto que emprega o cianuro se prohiba, e non só en Galicia.

Esta campaña iniciada por Contramínate quere contrarrestar a da empresa Egdewater, co seu lavado de imaxe recente, na que pretende a licencia social da comarca de Bergantiños. 

Imos dar a cara, mostrar quen somos os que estamos en contra desta mina: as persoas, a veciñanza, o pobo en loita pola terra.

¿Cómo participar na campaña?

1º ) Descargade o cartel no seguinte enlace e imprimilo:  Descargar -->  

2º) Sacade unha foto con él onde se vexa só a cara. 

3º) Colgar esa foto no FB de Contramínate Conmigo ou no grupo de amigos de “Corcoesto: No…

Intervención da Plataforma no pleno de Carballo para pedir a súa oposición ó proxecto de Corcoesto

Imaxe
A loita continúa...
Onte Luns 28 de Outubro ás 20.30 h. a Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños intervío no Pleno do concello de Carballo para pedir o posicionamento do Concello contra a mina de Corcoesto.

A platafoma liu un escrito informando ao Alcalde e a totalidade dos concelleiros e concelleiras do gravísimo impacto que a proxectada mina de ouro en Corcoesto terá na comarca de Bergantiños e en particular no Concello de Carballo, impactos referidos á saúde humana ( presenza de arsénico nun 46 % nas rochas obxecto da explotación), á economía agro-gandeira-forestal existente hoxe en día na comarca, ou a pesca, marisqueo e o turismo, os riscos derivados da explotación a ceo aberto e o uso das tecnoloxías mineiras con cianuro, a existencia perpetua da balsa de lodos e a balsa de cianuración cos enormes riscos que se derivarían dunha eventual ruptura das megabalsas previstas,......
Na intervención solicitouse o posicionamento do Pleno do Concello sobre os aspectos relacionado…

A Comisión Europea continúa a investigación sobre a declaración de impacto ambiental da mina de Corcoesto.

Incorpora ao expediente o informe sobre os niveis de arsénico en Corcoesto elaborado pola Universidade de Santiago.

     Indica que esixirá o pleno cumprimento da lexislación da Unión Europea en materia de medio ambiente.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños remitira no mes de xullo á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe “Potencial mobilización de arsénico nos materiais xeolóxicos e residuos mineiros de Corcoesto: Unha revisión crítica”, que foi elaborado polos profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral. Con base nese informe, a Plataforma solicitara ao Parlamento Europeo que procedese á revisión da declaración de impacto ambiental por vulnerar a normativa europea en materia de avaliación ambiental de proxectos, e que se instase ás autoridades sanitarias españolas a realizar os estudos epidemiolóxicos á poboación da contorna recom…

III Enarborar o Bosque: Exposición da obra dos 21 artistas participantes

Imaxe
LUGAR:  Forum de Carballo

DÍA: 19 de Octubre

HORA:  19:00






Asociación asturiana ORO NO denuncia á empresa mineira AsturGold

Imaxe
ORO NO DENUNCIA OS VERQUIDOS QUÍMICOS DOS SONDEOS DE SALAVE SOBRE UNHA SENDA COSTEIRA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

A asociación asturiana ORO NO presentou varias denuncias por posibles infraccións cometidas polas sondaxes que está executando AsturGold en Salave (Tapia de Casariego).
Entre outros motivos, ORO NO denunciou a Industria que as sondaxes se están efectuando infrinxindo claramente a autorización, ao estar traballando 24 horas e, por tanto, en horario  nocturno e tamén por ter vertido lodos con produtos químicos, pendentes de analizar, na senda costeira E-9 que é transitada por numerosos viandantes e peregrinos do Camiño de Santiago, tal e como se puido documentar.
Dado que é o concello de Tapia de Casariego o titular da senda costeira e o encargado do mantemento e conservación da mesma, a Asociación ORO NO ínstao a que defenda o patrimonio e os veciños de Tapia de Casariego e deixe de servir aos intereses privados dunhaempresa mercantil.
Estas actuacións da empresa deixan patente unh…

Recollidos xa 160 apoios da comunidade científica para que a XUNTA prohiba o cianuro na minería

Durante as dúas últimas semanas a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños desenvolveron unha exitosa campaña entre o profesorado e a comunidade científica de Universidades e OPIs (Organismos Públicos de Investigación) para recabar apoios á petición de que se prohiban en Galicia as tecnoloxías mineiras que empregan cianuro, sumándose así á “Declaración de Berlín” e a resolución do Parlamento Europeo. 

 A petición recolleu 160 apoios da comunidade científica e universitaria, procedentes de 67 Departamentos pertencentes á 7 universidades e 9 OPIs. O texto da petición, acompañado da listaxe de asinantes, enviouse hoxe 8 de outubro por rexistro ao Presidente da Xunta de Galicia. 

 O obxectivo desta petición é evitar os gravísimos riscos medioambientais e para a saúde das persoas no caso de que se implementasen estas tecnoloxías nas explotacións auríferas proxectadas en Galicia, das que a máis adiantada é a mega explotación mineira de ouro a…

Apoiando a manifestación convocada polo Monte Pindo Parque Natural na defensa da nosa Terra domingo 6 de Octubre

Imaxe
A Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estivo onte domingo día 6 de Octubre en Santiago apoiando a manifestación convocada polo Monte Pindo Parque Natural na defensa da nosa Terra.

Deixamos algunhas fotos do percorrido e o noso texto de apoio:


ARDE O QUE SERÁ…
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños acude a esta marcha pola defensa do territorio, invitada pola Asociación de Amigos do Monte Pindo, con ánimo de incendiar as vosas conciencias. Vimos crear un fronte común, prender a mecha da colaboración, meter lume a tanta indiferencia criminal de quen ainda non sabe que a terra é nosa.
Ardiu o Monte Pindo, Olimpo dos deuses celtas, que de habelos, estarán profundamente ofendidos. Os responsables desta desfeita teñen delito, un delito capital de arrogancia e atrevemento que no mundo antiguo chamaban hubris. Para a hubris, o castigo era eterno.
Esta arrogancia e atrevemento proponse queimarnos o futuro, desfacerlle as entrañas a Galiza, asfaltar a totalidade dos seus…

Mina de ouro Kittilä vs Corcoesto

Imaxe
A mina de ouro de Kittilä non é comparable coa que se proxecta en Corcoesto.

- Kittilä ten unha extensión territorial superior a toda a provincia da Coruña e unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2 fronte aos 53 habitantes por km2 que teñen os concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.



A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños considera un insulto á intelixencia dos Bergantiñáns o intento de Mineira de Corcoesto de comparar a mina de ouro de Kittilä coa proxectada na parroquia cabanesa de Corcoesto.

 Kittilä é un municipio finlandés que conta cunha poboación de 6.125 habitantes repartidos nunha superficie de 8.263 km2, o que determina unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2. Caracterízase por ser un concello cunha vasta extensión territorial improdutiva, superior á de toda a provincia da Coruña, moi baixamente poboada e sen ningún tipo de actividade económica, a parte do turismo.

 Pola contra, os concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e P…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DE SEP 2013