Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

FESTA DA PATACA 2013 - CORISTANCO

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños estivemos presentes en Coristanco na Festa da Pataca . Quixemos  participar  da celebración engalanando o noso  tractor informativo. Denunciando  a ameaza sobre o cultivo da pataca que supón a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto por parte de Mineira de Corcoesto, filial de Edgewater. Os bidóns de cianuro representan a utilización de tóxicos letais na mina e o campo de patacas contaminadas  aluden a un futuro escenario no noso territorio Un numeroso grupo de vecinos e veciñas, de xeito espontáneo, botáronse a camiñar tralo tractor cando a caravana iniciou a marcha,  en silencio, se cadra   precisaron facelo  para expresar  as súas inquedanzas. A multitude que asistía ó acto contemplou a escea có máximo respecto o que demostrou a sensibilidade e o apoio da poboación cara a nosa reivindicación: Mina NON!

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO 2013

Pedimos a Conselleira de Medio Rural que faga prevalecer os usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar un escrito asinado por dúas mil persoas dos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco, no que solicitan á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que declare a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais actuais, xeradores de riqueza e sostibles a longo prazo, sobre os mineiros, e en consecuencia declare a incompatibilidade destes usos coa actividade mineira que se pretende desenvolver. A mina de ouro de Corcoesto afecta a 700 hectáreas de superficie forestal de alta capacidade produtiva, suporá a eliminación total da funcionalidade do solo e provocará un dano irreversible que imposibilitará a recuperación da produtividade actual do monte, tal e como se acreditou con diversos informes técnicos ante a Dirección Xeral de Minas. Neste sentido, especialistas en recuperación de solos que realizaron informes para a Plataforma, indican que o plan de restauración presentado pola empres

Denunciamos a presunta obtención irregular da empresa "Mineira de Corcoesto" de 350.000 € en subvencións

Desde a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a través das asociacións de veciños de Corcoesto, Cereo e Valenza, vimos de presentar unha denuncia ante o Ministerio de Industria polo presunto cobro irregular de subvencións por parte da empresa Mineira de Corcoesto, S.L.   A empresa mineira obtivo no ano 2013 unha subvención por importe de 150.000 euros que estaba destinada á execución do proxecto “Investigación complementaria para a definición de novas reservas mineiras e a realización de estudos adicionais de hidroxeoloxía e xeotecnia no xacemento aurífero de Corcoesto 2012/2013”. No ano anterior, a empresa mineira recibira da mesma administración outros 200.000 euros por traballos similares, pero estas subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, estaban destinadas á realización destes traballos dentro do ámbito das concesións do proxecto mineiro de Corcoesto, iso é, no ámbito das concesións C

RESUMO PRENSA DIXITAL AGOSTO 2013