Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2013

O SLG denuncia en Bruxelas o acaparamento de terras pola minaría

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, o pasado 25 de xuño, na conferencia “O problema da terra en Europa: do acaparamento de terras á reforma agraria”, organizada pola Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) e a Esquerda Unitaria Europea (GUE) no Parlamento Europeo, en Bruxelas. Tamén participaron no evento eurodeputados como Willy Meyer, Patrick Le Hyaric ou Joao Ferreira; representantes da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) ou Tassos Haniotis, da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea. O obxectivo da conferencia era o de poñer na axenda política comunitaria o acaparamento de terras, un problema que está a medrar cada vez máis na súa dobre expresión: por unha banda, multinacionais estranxeiras se están a apropiar de miles e miles de hectáreas dentro da UE para a súa explotación, mentres empresas europeas fan outro tanto en terceiros países. A Coordinadora Europea da Vía Campesina expuxo o documento…

Mineira de Corcoesto deixa sen auga a veciños de Coristanco realizando sondaxes sen autorización

Imaxe
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar unha nova denuncia na Demarcación Territorial de Galicia Norte de Augas de Galicia, en relación ás sondaxes que a empresa mineira está a realizar no ámbito das concesións Julia 2 e Julia 3, que afectan de cheo ao Concello de Coristanco. Neste caso, os veciños detectaron unha forte diminución do caudal da fonte do Regueiro, que abastece de auga para consumo humano, animal e de rega de fincas a máis 70 vivendas da parroquia de Cereo (Coristanco). Este manantial é propiedade dos veciños e acuden regularmente a controlar que todo se atope correcto, por isto os veciños coñecen con moita precisión o caudal que debería de ter a fonte por esta época do ano.   Ao achegarse ao manancial, os veciños descubriron dúas calicatas e dúas sondaxes realizadas pola empresa mineira a través da subcontrata TERRATEC GEOTECNICA Y SONDEOS, S.L. Estas sondaxes foron realizadas a escasos metros do manancial, polo que alteraron os acuíferos sot…

O alcalde de Cabana volve denegar o uso do Auditorio á veciñanza contraría ó proxecto mineiro

Imaxe
Despois da negativa a conceder á Plataforma o Auditorio o día 14 para informar á veciñanza, o pasado 1 día 11 de Xuño reiteramos a solicitude do Auditorio para celebrar a conferencia prevista inicialmente, desta volta indicamos 9 datas posíbeis no mes de Xuño para realizar a mesma , voltando a atoparnos con outra negativa rotunda do Alcalde. Se a desculpa na primeira ocasión raiaba na puerilidade neste caso é totalmente surrealista, reproducímola de contado:


Este proceder autoritario e escurantista do Alcalde non é de agora.Hai un ano  denegounos por 2 veces o local de Corcoesto e só cando se deu conta que ía contra del accedeu a deixalo.Ou cando mandou á súa Guarda Pretoriana polas casas para identificar os autores dun panfleto.Despois ocorreu o da nave da empresa, realmente surrealista o seu comportamento “botoulle a culpa ao goberno de hai 12 anos” nos que el estivo mirando para outro lado en vez de coidar polo cumprimento da legalidade vixente e voltou a autorizar o seu uso, de…

Resumo da prensa dixital na segunda quincena de maio

Presentadas as alegacións ao permiso de Investigación de JULIA2

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e a Asociación de Veciños de Cereo presentaron a semana pasada as alegacións ao permiso de investigación Julia 2 que afecta aos termos municipais de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso, na provincia de A Coruña, para a investigación de ouro, afíns e outros recursos da sección C. As alegacións, que foron asinadas por máis de dúas mil duascentas persoas, fundaméntanse na lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, no Decreto 80/2000 polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e na lei 9/2002 do solo de Galicia, que veñen a establecer que no solo rústico de protección están prohibidas as actuacións que sexan incompatibles cos seus valores ecolóxicos, medioambientais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, culturais ou calquera outro valor que sexa obxecto da protección outorgada, ou coas proteccións que resulten doutra lexislación sectorial de aplicación. En consecuencia…

MEGABALSA DE CIANURO E MACROESCOMBREIRA EN CORISTANCO. UNHAS INTENCIÓNS DE ALTO RISCO

Imaxe
Mineira de Corcoesto S.L.,ao presentar o proxecto mineiro de Corcoesto, o seu estudo de impacto ambiental e tramitalo como proxecto industrial estratéxico; agocha un plan que ten de utilizar as instalacións de Corcoesto para o tratamento, escombreira e balsa de lodos doutras exaltacións ao aberto de Galiza e, mesmo de fora do país.



Este proxecto da empresa de capital canadense invalida totalmente o estudo de Impacto Ambiental ao non avaliar os efectos ambientais acumulativos das distintas explotacións. Se os responsables da Xunta de Galicia non paran inmediatamente o proxecto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños denunciará esta situación ás fiscalías de Medio Ambiente e Anticorrupción.

Mineira de Corcoesto S.L non se conforma con extraer unicamente o ouro de Corcoesto (aproximadamente 1  millón de onzas) senón que pretende que a Xunta de Galicia  lles conceda permisos para explotar os xacementos situados no cinto de ouro Malpica-Tui como se pode ver na seguinte imaxen.…