Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January, 2014

Mesa redonda ”Minaría, Territorio e Sustentabilidade”

Imaxe
Auditorio de Carballo, 31 de Xaneiro ás 20 h.

Ana Miranda, grupo Verdes-ALE no Parlamento Europeo, ex eurodeputada. Antón Sánchez, deputado no Parlamento Galego. Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC.


O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños inclúe o proxecto mineiro de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana.Advirte ao alcalde José Muiño que non vai consentir que se utilice o planeamento urbanístico para beneficiar á empresa mineira.A reserva de solo no novo PXOM para o proxecto mineiro de Corcoesto é unha burla á poboación de Cabana.
Nos próximos días estudiaremos o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes, e presentararemos alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de especial protección forestal.

Dende a plataforma advetimos a José Muiño que non vamos consentir que a través do planeamento se actúe en contra dos intereses xerais dos veciños para favorecer a unha empresa mineira canadense, xa que coa cualificación urbanística que se contempla no documento de aprobación inicial, está facilitándolle a obtención de solo para levar adiante un…

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo

O pasado 20 de Xaneiro unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo viaxaron a Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da Costa da Morte [1]. 

Invitados pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, analizouse os graves impactos que o frustrado proxecto mineiro tería para a poboación, tanto no eido da saúde, como no ambiental, económico e social.

A Comisión examinou previamente o informe remitido pola Plataforma que foi elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a mobilización do arsénico en Corcoesto. Neste informe indícase que o proxecto subestima a mobilidade real do arsénico e en consecuencia minimízanse os efectos que este elemento químico altamente canceríxeno ten sobre a saúde da poboación e o medio natural. Nel tamén se pon de manifesto o incumprimento da lexislación …

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA XANEIRO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DECEMBRO 2013

PLATAFORMA "ORO NO" CRITICA O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE SALAVE

OURO NON CRITICA O NOVO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA MINA DE *SALAVE E ANUNCIA QUE SE MOBILIZARÁ PARA EVITAR UN “FRAUDE Á LEGALIDADE”

A plataforma Asturiana Oro No critica que o anuncio no BOPA do novo estudio de "Impacto Medioambiental" presentado por Astur Gold se faga en fechas navideñas, en concreto o 31 de decembro 

O documento tenta evitar os efectos negativos da Declaración de Impacto Ambiental e do Informe da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, ditados agora hai un ano, que impiden autorizar na súa integridade o proxecto mineiro de ouro en Salave.

OURO NON critica que a publicación deste novo trámite realizouse en plenas datas do Nadal e de modo case clandestino. É obvio que a publicación o 31 de decembro busca que pase desapercibida, en exercicio da peor tradición administrativa deste país. Doutra banda, non se notificou directamente aos centos de alegantes á mina, a pesar de pedir formalmente información respecto diso durante as últimas semanas.

Ademais, desde …

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DECEMBRO 2013

Minería, Sociedade, Política e Consumo - Conversas

Aquí vos deixamos a conversa entre Emilio Menéndez, Carlos Taibo e Braulio Amaro que tivo lugar en Laxe o día 15 de decembro, un debate  sobre minaría, política, economía e sociedade a partir do caso de Corcoesto.

A grabación foi realizada por Cora Peña e o equipo do documental que se está a realizar sobre o proxecto mineiro de Corcoesto: "Tesouro de Corcoesto" . Máis info sobre este documental no seguinte enlace: http://www.corcoesto.com/http://www.corcoesto.com/