Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Edgewater

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi...

As vosas vaguedades, cumprido fin terán

Imaxe
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.   O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional: A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU. Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pre...

Importante resposta da Comisión europea sobre a reclamación de Edgewater

Imaxe
Reproducimos, polo seu interese, a pregunta realizada no Parlamento Europeo pola eurodeputada de AGE Lidia Senra, así como a resposta da Comisión. Nelas queda claro que a empresa Edgewater non ten dereito algún a reclamar indemnización polas posibles perdas derivadas da denegación do seu proxecto.  É,por tanto, unha nova estocada para Mineira de Corcoesto. PREGUNTA PARLAMENTAR: Perguntas Parlamentares (Parlamento Europeu, Comissão) 9 de outubro de 2014, E-007767-14 Pergunta com pedido de resposta escrita à Comissão, Artigo 130.° do Regimento Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) Assunto: Acordo CETA e empresa Edgewater na Galiza O CETA estabelece mecanismos que conferem às multinacionais o direito de apresentar exigências aos governos, quando estes tomam decisões que considerem que afetam os seus negócios. Na Galiza, a empresa canadiana Edgewater pretende obter autorização do governo galego para a exploração mineira de ouro,...

Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

Imaxe
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación. A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños. Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta nova disposición  recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais...

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo

Imaxe
O pasado 20 de Xaneiro unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo viaxaron a Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da Costa da Morte [1].  Invitados pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, analizouse os graves impactos que o frustrado proxecto mineiro tería para a poboación, tanto no eido da saúde, como no ambiental, económico e social. A Comisión examinou pre viamente o informe remitido pola Plataforma que foi elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a mobilización do arsénico en Corcoesto. Neste informe indícase que o proxecto subestima a mobilidade real do arsénico e en consecuencia minimízanse os efectos que este elemento químico altamente canceríxeno ten sobre a saúde da poboación e o medio natural. Nel tamén se pon de manifesto o incumprimento da le...

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO 2013

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DE OCTUBRO 2013

Intervención da Plataforma no pleno de Carballo para pedir a súa oposición ó proxecto de Corcoesto

Imaxe
A loita continúa... Onte Luns 28 de Outubro ás 20.30 h. a Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños intervío no Pleno do concello de Carballo para pedir o posicionamento do Concello contra a mina de Corcoesto.   A platafoma liu un escrito informando ao Alcalde e a totalidade dos concelleiros e concelleiras do gravísimo impacto que a proxectada mina de ouro en Corcoesto terá na comarca de Bergantiños e en particular no Concello de Carballo, impactos referidos á saúde humana ( presenza de arsénico nun 46 % nas rochas obxecto da explotación), á economía agro-gandeira-forestal existente hoxe en día na comarca, ou a  pesca, marisqueo e o turismo,  os riscos derivados da explotación a ceo aberto e o uso das tecnoloxías mineiras con cianuro, a existencia perpetua da balsa de lodos e a balsa de cianuración cos enormes riscos que se derivarían dunha eventual ruptura das mega balsas  previstas,...... Na intervención  solicitouse o posicionamento ...

A Comisión Europea continúa a investigación sobre a declaración de impacto ambiental da mina de Corcoesto.

     Incorpora ao expediente o informe sobre os niveis de arsénico en Corcoesto elaborado pola Universidade de Santiago.      Indica que esixirá o pleno cumprimento da lexislación da Unión Europea en materia de medio ambiente. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños remitira no mes de xullo á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe “Potencial mobilización de arsénico nos materiais xeolóxicos e residuos mineiros de Corcoesto: Unha revisión crítica” , que foi elaborado polos profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral. Con base nese informe, a Plataforma solicitara ao Parlamento Europeo que procedese á revisión da declaración de impacto ambiental por vulnerar a normativa europea en materia de avaliación ambiental de proxectos, e que se instase ás autoridades sanitarias españolas a realizar os...

Recollidos xa 160 apoios da comunidade científica para que a XUNTA prohiba o cianuro na minería

Durante as dúas últimas semanas a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños desenvolveron unha exitosa campaña entre o profesorado e a comunidade científica de Universidades e OPIs (Organismos Públicos de Investigación) para recabar apoios á petición de que se prohiban en Galicia as tecnoloxías mineiras que empregan cianuro, sumándose así á “Declaración de Berlín” e a resolución do Parlamento Europeo.   A petición recolleu 160 apoios da comunidade científica e universitaria, procedentes de 67 Departamentos pertencentes á 7 universidades e 9 OPIs. O texto da petición, acompañado da listaxe de asinantes, enviouse hoxe 8 de outubro por rexistro ao Presidente da Xunta de Galicia.   O obxectivo desta petición é evitar os gravísimos riscos medioambientais e para a saúde das persoas no caso de que se implementasen estas tecnoloxías nas explotacións auríferas proxectadas en Galicia, das que a máis adiantada é a mega explo...

Apoiando a manifestación convocada polo Monte Pindo Parque Natural na defensa da nosa Terra domingo 6 de Octubre

Imaxe
A Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estivo onte domingo día 6 de Octubre en Santiago apoiando a manifestación convocada polo  Monte Pindo Parque Natural  na defensa da nosa Terra. Deixamos algunhas fotos do percorrido e o noso texto de apoio: ARDE O QUE SERÁ… A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños acude a esta marcha pola defensa do territorio, invitada pola Asociación de Amigos do Monte Pindo, con ánimo de incendiar as vosas conciencias. Vimos crear un fronte común, prender a mecha da colaboración, meter lume a tanta indiferencia criminal de quen ainda non sabe que a terra é nosa. Ardiu o Monte Pindo, Olimpo dos deuses celtas, que de habelos, estarán profundamente ofendidos. Os responsables desta desfeita teñen delito, un delito capital de arrogancia e atrevemento que no mundo antiguo chamaban hubris. Para a hubris, o castigo era eterno. Esta arrogancia e atrevemento proponse queimarnos o futuro, desfacerlle as entrañas a Galiz...

Mina de ouro Kittilä vs Corcoesto

Imaxe
A mina de ouro de Kittilä non é comparable coa que se proxecta en Corcoesto.   - Kittilä ten unha extensión territorial superior a toda a provincia da Coruña e unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2 fronte aos 53 habitantes por km2 que teñen os concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso. A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños considera un insulto á intelixencia dos Bergantiñáns o intento de Mineira de Corcoesto de comparar a mina de ouro de Kittilä coa proxectada na parroquia cabanesa de Corcoesto.  Kittilä é un municipio finlandés que conta cunha poboación de 6.125 habitantes repartidos nunha superficie de 8.263 km2, o que determina unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2. Caracterízase por ser un concello cunha vasta extensión territorial improdutiva, superior á de toda a provincia da Coruña, moi baixamente poboada e sen ningún tipo de actividade económica, a parte do turismo. Mina de Kittilä - Finlandia  ...

RESUMO PRENSA DIXITAL AGOSTO 2013

Resumo prensa dixital primeira quincena de Xullo 2013

Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente

As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente. 77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto. As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da...

Esiximos a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto

A raíz da nota de prensa publicada na súa web pola Consellería de Industria, a Plataforma  pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solicita a retirada do proxecto e a nulidade da DIA ditada no seu día pola Xunta. Na nota de prensa da Consellería podemos ler que:  “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste. “ Pola nosa parte, pensamos que este recoñecemento oficial de que o proxecto de Edgewater  incumpre os requisitos ambientais e técnicos, debería supoñer por parte das autoridades a inmediata retirada dunha DIA que, como eles mesmos recoñecen implicitamente, foi ditada de maneira inadecuada. Así mesmo, esiximos que, se esta empresa quere levar adiante o seu proxecto, elabore un novo EIA completo, con todos os informes pertinentes, e o presente de novo a exposición pública. Non é de recibo que, despois de ditar unha DIA favorable, s...

DESTRUCCIÓN DO MILLADOIRO DE CORCOESTO

Imaxe
O pasado día 1 de xuño nas proximidades do día mundial do medio ambiente celebrouse en Santa Mariña de corcoesto o "III Enarborar o Bosque", unha romería artísitco reivindicativa onde artistas e escritores amosaron o seu compromiso co medioambiente. Este ano centrouse na loita contra a mineiría a ceo aberto en Galicia e elexiuse o proxecto da mina de ouro de Corcoesto como máximo representante desta amenaza na actualidade. Foi unha xornada agradable onde se alternaron actuacións musicais en directo (Toñito de Poi, Josito Porto, Roberto Sobrado…), artistas creando na Carballeira de Santa  Mariña, recital de poesía e presentación do libro Versus Cianuro e obradoiros de pintura e estampado para o público asistente. Montouse tamén unha instalación artística colectiva contra o arsénico, o cianuro e a destrucción da natureza: o "Milladoiro de Corcoesto", unha proposta de Xacobe Meléndrez Fassbender na que participaron máis dun cento de persoas que escribiron desexos, ...

Resumo da prensa dixital na segunda quincena de maio

MEGABALSA DE CIANURO E MACROESCOMBREIRA EN CORISTANCO. UNHAS INTENCIÓNS DE ALTO RISCO

Imaxe
Mineira de Corcoesto S.L.,ao presentar o proxecto mineiro de Corcoesto, o seu estudo de impacto ambiental e tramitalo como proxecto industrial estratéxico; agocha un plan que ten de utilizar as instalacións de Corcoesto para o tratamento, escombreira e balsa de lodos doutras exaltacións ao aberto de Galiza e, mesmo de fora do país. Representación do estado actual do val de Corcoesto e unha megabalsa de cianuro dunha explotación mineira a ceo aberto. Este proxecto da empresa de capital canadense invalida totalmente o estudo de Impacto Ambiental ao non avaliar os efectos ambientais acumulativos das distintas explotacións. Se os responsables da Xunta de Galicia non paran inmediatamente o proxecto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños denunciará esta situación ás fiscalías de Medio Ambiente e Anticorrupción. Mineira de Corcoesto S.L non se conforma con extraer unicamente o ouro de Corcoesto (aproximadamente 1  millón de onzas) senón que pretende que a Xunt...