Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta valenza

XORNADAS AGROECOLÓXICAS - VALENZA E CEREO

Imaxe
O próximo fin de semana temos o pracer de participar na I Xornada Agroecolóxica en Valenza e Cereo, 2 pequenas aldeas do concello de Coristanco. Serán dúos días intensos de debate e aprendizaxe sobre a soberanía alimentaria,a agricultura a pequena escala e a visión dunha labrega de produtos ecolóxicos de Galicia. Haberá comida de campo o sábado o mediodía e prácticas nas campos da zona onde Carmen nos mostrará todo o seu saber.  TADES TODOS CONVIDADOS sexas de onde sexas só fai falla que nos avises. Inscricións 639 630 152

O PP en Coristanco tamén dixo NON a MINA gracias a presión popular

Imaxe
Mocións contra a Mina de Corcoesto aprobadas nos concellos de Zas, Carballo e Coristanco. Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza. Moción no concello de Carballo Moción no concello de Zas O alcalde Pensado Plágaro, noutrora defensor da mina de Corcoesto a pesar de albergar parte da balsa de cianuro e a escombreira mineira, viuse obrigado a debater unha moción pola que se declarou a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros para as parroquias do Concello. A moción aprobada por unanimidade, insta á Xunta de Galicia a rexeitar de xeito definitivo os permisos de investigación en trámite relativos ás concesións mineiras que abarcan a meirande parte do se...

Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente

As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente. 77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto. As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da...

Esiximos a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto

A raíz da nota de prensa publicada na súa web pola Consellería de Industria, a Plataforma  pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solicita a retirada do proxecto e a nulidade da DIA ditada no seu día pola Xunta. Na nota de prensa da Consellería podemos ler que:  “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste. “ Pola nosa parte, pensamos que este recoñecemento oficial de que o proxecto de Edgewater  incumpre os requisitos ambientais e técnicos, debería supoñer por parte das autoridades a inmediata retirada dunha DIA que, como eles mesmos recoñecen implicitamente, foi ditada de maneira inadecuada. Así mesmo, esiximos que, se esta empresa quere levar adiante o seu proxecto, elabore un novo EIA completo, con todos os informes pertinentes, e o presente de novo a exposición pública. Non é de recibo que, despois de ditar unha DIA favorable, s...

A Xunta NON autoriza a mina de Corcoesto por falta de garantías

Imaxe
Despois de meses de loita e duro traballo por parte de asociacións, colectivos e moitas persoas anónimas que dedican o seu tempo libre a loitar contra esta barbarie de forma altruísta, onte ó fin tivemos unha boa noticia, a Xunta publicou unha nota de prensa có seguinte:  A Xunta non autoriza o proxecto mineiro de Corcoesto e condiciónao ao cumprimento de maiores garantías técnicas e económicas Din que a Consellería de Economía e Industria mantivo un encontro onte con representantes da empresa mineira de Corcoesto no que se lles trasladou que a administración non autoriza o proxecto mineiro de non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica.  A xunta solicita á empresa que acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo. De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos amb...

DESTRUCCIÓN DO MILLADOIRO DE CORCOESTO

Imaxe
O pasado día 1 de xuño nas proximidades do día mundial do medio ambiente celebrouse en Santa Mariña de corcoesto o "III Enarborar o Bosque", unha romería artísitco reivindicativa onde artistas e escritores amosaron o seu compromiso co medioambiente. Este ano centrouse na loita contra a mineiría a ceo aberto en Galicia e elexiuse o proxecto da mina de ouro de Corcoesto como máximo representante desta amenaza na actualidade. Foi unha xornada agradable onde se alternaron actuacións musicais en directo (Toñito de Poi, Josito Porto, Roberto Sobrado…), artistas creando na Carballeira de Santa  Mariña, recital de poesía e presentación do libro Versus Cianuro e obradoiros de pintura e estampado para o público asistente. Montouse tamén unha instalación artística colectiva contra o arsénico, o cianuro e a destrucción da natureza: o "Milladoiro de Corcoesto", unha proposta de Xacobe Meléndrez Fassbender na que participaron máis dun cento de persoas que escribiron desexos, ...

Resumo da prensa dixital na segunda quincena de maio

MEGABALSA DE CIANURO E MACROESCOMBREIRA EN CORISTANCO. UNHAS INTENCIÓNS DE ALTO RISCO

Imaxe
Mineira de Corcoesto S.L.,ao presentar o proxecto mineiro de Corcoesto, o seu estudo de impacto ambiental e tramitalo como proxecto industrial estratéxico; agocha un plan que ten de utilizar as instalacións de Corcoesto para o tratamento, escombreira e balsa de lodos doutras exaltacións ao aberto de Galiza e, mesmo de fora do país. Representación do estado actual do val de Corcoesto e unha megabalsa de cianuro dunha explotación mineira a ceo aberto. Este proxecto da empresa de capital canadense invalida totalmente o estudo de Impacto Ambiental ao non avaliar os efectos ambientais acumulativos das distintas explotacións. Se os responsables da Xunta de Galicia non paran inmediatamente o proxecto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños denunciará esta situación ás fiscalías de Medio Ambiente e Anticorrupción. Mineira de Corcoesto S.L non se conforma con extraer unicamente o ouro de Corcoesto (aproximadamente 1  millón de onzas) senón que pretende que a Xunt...