Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2013

Solidarizámonos coa Plataforma veciñal "Corno do Monte"

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita emprendida pola veciñanza da Limia en contra do proxecto mineiro de feldespato. Velaquí o noso comunicado de apoio: Benqueridos-as compañeiros e compañeiras da Plataforma veciñal “Corno do Monte”: A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños quere facervos chegar o seu apoio e solidariedade coa vosa loita contra a mina de feldespato e en concreto coa manifestación do vindeiro sábado 27 de Abril en Xinzo. Coñecemos na propia carne o que vai supor a minaría destrutiva e contaminante, a minaría das empresas transnacionais que buscan o seu enriquecemento a costa da destrución do noso territorio, da nosa forma de vida, do noso patrimonio,..... coa complicidade da Xunta de Galicia que está a vender a prezo de saldo, mellor dito a regalar o noso país. Non permitades que destrúan de novo o voso patrimonio como sucedeu no franquismo, agora que a auga volve polos seus foros reclamando o seu reinado e co…

Coas pilas ao 100 % de carga

Imaxe
Despois do éxito da manifestación do domingo, desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños queremos facer chegar o noso máis sincero agradecemento a tódolos colectivos que están apoiando a nosa loita, polo seu apoio, participación, compromiso...con tódalas mobilizacións realizadas contra a mina de Corcoesto. Entendemos que este camiño na unidade de acción é máis que necesario para evitar que a barbarie, a destrución e o espolio se apoderen da nosa comarca e do noso país.  Estas mobilizacións non son máis que un chanzo no camiño que nos queda por percorrer ata lograr a expulsión de Edgewater e das empresas transnacionais que tentan destruír o noso país. Agradecemos así mesmo o apoio solidario recibido desde outros lugares da península e tamén de América. Grazas, ORO NO-AsturiesAsamblea Buenos Aires no a la minaMovimiento por un Uruguay Sostenible (MOVUS). El Pueblo frente a la minera AratiríFrente en Defensa de Wirikuta (México)Comité de Solidariedade Sierra Norte. MéxicoUni…

Resumo da prensa dixital do 11 ao 31 de marzo

Resumo feito por Carmen Bardanca, da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

Con voz alta e forte (Manifestación central contra a mina de Corcoesto: 14 de abril)

Imaxe
O domingo que vén, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo. Será a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer, por iso queremos conseguir un bo número de persoas nela.

Creamos un evento no facebook, para difundila. Tamén se pode mandar a información por correo, por teléfono, ou en persoa. Por favor, difundide, compartide e convencede. Temos que ser unha morea de xente! Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente. Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui.

Falemos agora, para que calen para sempre!

Agardámoste o domingo ás 12:00 en Carballo, no aparcamento do Haley, para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.

7 de abril - Tractorada mixta - Ponteceso Cabana

Imaxe

A política e o ouro

Imaxe
Asistín en Carballo a unha palestra da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. As condicións eran, para min que viña de fóra, as peores que podían darse para que alí se xuntase xente: quinta-feira de Semana Santa, cunha arroiada que nos facía medrar as branquias e todo para escoitar unha conferencia académica dunha doutora universitaria en Ciencias Químicas sobre o emprego do cianuro na futura explotación colonial, e criminal, do ouro nesa zona de Bergantiños.
      A verdade é que non se cabía e un non daba creto, centos de persoas enchían as cadeiras do Pazo da cultura, sentaban nos corredores ou escoitaban de pe apoiadas na parede ou nas portas da sala, sumadas ás que non deron entrado. Viñeran de Carballo pero tamén de Cabana, de Coristanco, de Ponteceso... En canto á conferencia de Carme Varela, ela mesma da parroquia afectada de Cereo, a súa exposición foi clara, científica e fulminante na desmontaxe dos embustes da empresa e das autoridades cómplices na Xunta e nos c…