Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

O alcalde de Cabana pretende regalar agua a Edgewater pero failla pagar ós veciños.

Imaxe
O alcalde de Cabana súbelle a auga aos veciños mentres pretende regalarlle 1.400 millóns de litros anuais á empresa mineira Edgewater.


Bergantiños amosa a súa indignación coa subida do recibo da auga aplicado polo alcalde de Cabana aos veciños, mentres pretende regalarlle á empresa mineira canadense Edgewater, 1.400 millóns de litros anuais durante os oito anos de explotación mineira.
O consumo de auga previsto pola empresa mineira que figura no estudo de impacto ambiental, equivale ás necesidades anuais de 22.562 persoas, o que representa case cinco veces a poboación do Concello de Cabana.
Resúltanos dificilmente explicable a xestión e a actitude do alcalde, que non ten reparos en regalar a auga aos de fora, pero pretende cobrarlla a “prezo de ouro” aos veciños do Concello que el administra.



Precisamente os veciños de Cesullas, Canduas e Neaño, están agora a pagar a mala xestión do Sr. José Muiño, que non foi quen de adxudicar o servizo de auga no prazo dun ano porque en lugar de traball…

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA NOVEMBRO 2013

Solidariedade coa loita de Rosia Montana

Imaxe
Solidaritatea cu lupta de la Rosia Montana Platforma de apărarea Corcoesto și Bergantiños. Our solidarity with the struggle of Rosia Montana Platform by defending Corcoesto and Bergantiños. A nosa solidariedade coa loita de Rosia Montana Plataforma pola  defensa de Corcoesto e Bergantiños. SALVATI ROSIA MONTANA NON Á MINA DE CORCOESTO Apertas dende Galiza

Conferencias mes de decembro: Carlos Taibo e Emilio Menéndez

Imaxe
Os días 12 e 13 de decembro organizamos nos concellos de Carballo e Laxe 2 conferencias moi interesantes que imparticiparán Carlos Taibo e Emilio Menéndez, ambos mestres da Universidade Autónoma de Madrid.
Xoves 12 - Carballo - Pazo da Cultura "Decrecemento, consumo e enerxía" - Carlos Taibo Venres 13 - Laxe - Salón de Actos Municipal "Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente" - Carlos Taibo e Emilio Menéndez
Carlos Taibo Arias (Madrid, 12 de maio de 1956) é un escritor, editor e profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, así como do decrecemento e da democracia directa. Súa é a frase « A globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control». Criticou duramente a lóxica do crecemento económico, desligándoo do progreso e benestar.
Aquí unha das súas conferencias titulada "En defensa del Decrecimiento" do ano 2010 

'En defensa del decrecimiento' …

O PP en Coristanco tamén dixo NON a MINA gracias a presión popular

Imaxe
Mocións contra a Mina de Corcoesto aprobadas nos concellos de Zas, Carballo e Coristanco.

Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza.




O alcalde Pensado Plágaro, noutrora defensor da mina de Corcoesto a pesar de albergar parte da balsa de cianuro e a escombreira mineira, viuse obrigado a debater unha moción pola que se declarou a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros para as parroquias do Concello.

A moción aprobada por unanimidade, insta á Xunta de Galicia a rexeitar de xeito definitivo os permisos de investigación en trámite relativos ás concesións mineiras que abarcan a meirande parte do seu territorio, debido á incompatibilidade das actividades extractivas cos usos …

O Alcalde de Cabana volta a denegar o uso do Auditorio municipal.

Imaxe
Os pasados meses de Maio e Xuño o Alcalde de Cabana denegou o permiso de utilización do Auditorio para a celebración dun acto informativo en 10 ocasións.O pasado 14 de Outubro a Plataforma solicitou de novo o Auditorio de Cabana para catro datas posíbeis dese mes e do mes de Novembro.
Anteriormente os motivos aducidos para a denegación do uso deste espacio foron as actividades xa planificadas, sen facilitarnos nunca datas alternativas, pero desta volta o Alcalde opta polo silencio administrativo e non contesta á solicitude nin a reiteración da mesma que fixemos o pasado 13 de Novembro.
O Alcalde de Cabana, Xosé Muíño, cada vez ten unha maior contestación social ben pola mina de Corcoesto, ben pola suba de tarifas no suministro da auga, ben polo aumento de impostos municipais ( saneamento, alcantarillado,....) ou mesmo sendo albo de denuncias xudiciais por posíbeis delitos contra a saúde pública por non poñer os medios para impedir o consumo humano de auga contaminada por arsénico en  fo…

A Drenaxe Ácida de Minería

Carmen Varela Busto
Doutora en Química Orgánica
O proceso coñecido como Drenaxe Ácida de Minería (DAM) é un dos problemas máis serios asociados ás actividades mineiras xa que pode contaminar con augas ácidas os ecosistemas e matar moitos organismos como consecuencia dun cambio de pH no seu hábitat. A auga ácida pode tamén incrementar o proceso de desgaste da rocha, disolvendo e liberando os metais pesados e o arsénico que están contidos nela. Estes metais pesados e arsénico poden ser aínda máis nocivos que a propia auga ácida. 
As rochas que conteñen xofre (S), como por exemplo as piritas e arsenopiritas, cando son trituradas e expostas á auga e ó aire, liberan ácido sulfúrico. A composición da arsenopirita é 46% arsénico, 34.3% de ferro e 19.7% de xofre. Se este mineral está protexido e aillado das condicións ambientais é estable. Pola contra, se se tritura e expón ós axentes ambientais, o xofre en contacto coa auga e o aire, transfórmase en ácido sulfúrico provocando o proceso de Drena…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA NOVEMBRO 2013

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO 2013

Novos apoios da comunidade científica á petición para que a XUNTA prohiba o emprego de cianuro na minería

Esta semana chegamos ós 236 apoios da comunidade científica para a petición de prohibición do emprego do cianuro na minería.

Coa entrega o pasado 8 de outubro ao Presidente da Xunta de Galicia do manifesto pola prohibición do uso do cianuro na minería coa listaxe dos 160 apoios da comunidade científica e universitaria recollidos ata entón a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños deron inicialmente por pechada a campaña.

Non embargante, a difusión posterior da campaña nos medios de comunicación e os reenvíos no seo da comunidade científica e universitaria desencadearon unha segunda vaga de apoios que acadaron xa unha cifra moi relevante: 76 apoios adicionais que veñen de entregarse ao Presidente da Xunta de Galicia.

En total son xa 236 os apoios recollidos da comunidade científica e universitaria, adscritos a 92 Departamentos pertencentes á 20 universidades e organismos públicos de investigación, que:

- Consideran que o cumprimento dos o…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DE OCTUBRO 2013

CAMPAÑA “Eu digo NON á mina de Corcoesto”.

Imaxe
A Xunta de Galicia acaba de rexeitar publicamente por segunda vez o proxecto da mina de ouro de Corcoesto, pero novamente, non o anula por razóns ambientais senón por cuestións financeiras.

Nós continuaremos a nosa mobilización ata que se anule o proxecto e a súa declaración de impacto ambiental (DIA), aprobada no seu día pola Xunta. O noso obxectivo persegue que este tipo de minaría a ceo aberto que emprega o cianuro se prohiba, e non só en Galicia.

Esta campaña iniciada por Contramínate quere contrarrestar a da empresa Egdewater, co seu lavado de imaxe recente, na que pretende a licencia social da comarca de Bergantiños. 

Imos dar a cara, mostrar quen somos os que estamos en contra desta mina: as persoas, a veciñanza, o pobo en loita pola terra.

¿Cómo participar na campaña?

1º ) Descargade o cartel no seguinte enlace e imprimilo:  Descargar -->  

2º) Sacade unha foto con él onde se vexa só a cara. 

3º) Colgar esa foto no FB de Contramínate Conmigo ou no grupo de amigos de “Corcoesto: No…

Intervención da Plataforma no pleno de Carballo para pedir a súa oposición ó proxecto de Corcoesto

Imaxe
A loita continúa...
Onte Luns 28 de Outubro ás 20.30 h. a Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños intervío no Pleno do concello de Carballo para pedir o posicionamento do Concello contra a mina de Corcoesto.

A platafoma liu un escrito informando ao Alcalde e a totalidade dos concelleiros e concelleiras do gravísimo impacto que a proxectada mina de ouro en Corcoesto terá na comarca de Bergantiños e en particular no Concello de Carballo, impactos referidos á saúde humana ( presenza de arsénico nun 46 % nas rochas obxecto da explotación), á economía agro-gandeira-forestal existente hoxe en día na comarca, ou a pesca, marisqueo e o turismo, os riscos derivados da explotación a ceo aberto e o uso das tecnoloxías mineiras con cianuro, a existencia perpetua da balsa de lodos e a balsa de cianuración cos enormes riscos que se derivarían dunha eventual ruptura das megabalsas previstas,......
Na intervención solicitouse o posicionamento do Pleno do Concello sobre os aspectos relacionado…

A Comisión Europea continúa a investigación sobre a declaración de impacto ambiental da mina de Corcoesto.

Incorpora ao expediente o informe sobre os niveis de arsénico en Corcoesto elaborado pola Universidade de Santiago.

     Indica que esixirá o pleno cumprimento da lexislación da Unión Europea en materia de medio ambiente.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños remitira no mes de xullo á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe “Potencial mobilización de arsénico nos materiais xeolóxicos e residuos mineiros de Corcoesto: Unha revisión crítica”, que foi elaborado polos profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral. Con base nese informe, a Plataforma solicitara ao Parlamento Europeo que procedese á revisión da declaración de impacto ambiental por vulnerar a normativa europea en materia de avaliación ambiental de proxectos, e que se instase ás autoridades sanitarias españolas a realizar os estudos epidemiolóxicos á poboación da contorna recom…

III Enarborar o Bosque: Exposición da obra dos 21 artistas participantes

Imaxe
LUGAR:  Forum de Carballo

DÍA: 19 de Octubre

HORA:  19:00






Asociación asturiana ORO NO denuncia á empresa mineira AsturGold

Imaxe
ORO NO DENUNCIA OS VERQUIDOS QUÍMICOS DOS SONDEOS DE SALAVE SOBRE UNHA SENDA COSTEIRA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

A asociación asturiana ORO NO presentou varias denuncias por posibles infraccións cometidas polas sondaxes que está executando AsturGold en Salave (Tapia de Casariego).
Entre outros motivos, ORO NO denunciou a Industria que as sondaxes se están efectuando infrinxindo claramente a autorización, ao estar traballando 24 horas e, por tanto, en horario  nocturno e tamén por ter vertido lodos con produtos químicos, pendentes de analizar, na senda costeira E-9 que é transitada por numerosos viandantes e peregrinos do Camiño de Santiago, tal e como se puido documentar.
Dado que é o concello de Tapia de Casariego o titular da senda costeira e o encargado do mantemento e conservación da mesma, a Asociación ORO NO ínstao a que defenda o patrimonio e os veciños de Tapia de Casariego e deixe de servir aos intereses privados dunhaempresa mercantil.
Estas actuacións da empresa deixan patente unh…

Recollidos xa 160 apoios da comunidade científica para que a XUNTA prohiba o cianuro na minería

Durante as dúas últimas semanas a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños desenvolveron unha exitosa campaña entre o profesorado e a comunidade científica de Universidades e OPIs (Organismos Públicos de Investigación) para recabar apoios á petición de que se prohiban en Galicia as tecnoloxías mineiras que empregan cianuro, sumándose así á “Declaración de Berlín” e a resolución do Parlamento Europeo. 

 A petición recolleu 160 apoios da comunidade científica e universitaria, procedentes de 67 Departamentos pertencentes á 7 universidades e 9 OPIs. O texto da petición, acompañado da listaxe de asinantes, enviouse hoxe 8 de outubro por rexistro ao Presidente da Xunta de Galicia. 

 O obxectivo desta petición é evitar os gravísimos riscos medioambientais e para a saúde das persoas no caso de que se implementasen estas tecnoloxías nas explotacións auríferas proxectadas en Galicia, das que a máis adiantada é a mega explotación mineira de ouro a…

Apoiando a manifestación convocada polo Monte Pindo Parque Natural na defensa da nosa Terra domingo 6 de Octubre

Imaxe
A Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estivo onte domingo día 6 de Octubre en Santiago apoiando a manifestación convocada polo Monte Pindo Parque Natural na defensa da nosa Terra.

Deixamos algunhas fotos do percorrido e o noso texto de apoio:


ARDE O QUE SERÁ…
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños acude a esta marcha pola defensa do territorio, invitada pola Asociación de Amigos do Monte Pindo, con ánimo de incendiar as vosas conciencias. Vimos crear un fronte común, prender a mecha da colaboración, meter lume a tanta indiferencia criminal de quen ainda non sabe que a terra é nosa.
Ardiu o Monte Pindo, Olimpo dos deuses celtas, que de habelos, estarán profundamente ofendidos. Os responsables desta desfeita teñen delito, un delito capital de arrogancia e atrevemento que no mundo antiguo chamaban hubris. Para a hubris, o castigo era eterno.
Esta arrogancia e atrevemento proponse queimarnos o futuro, desfacerlle as entrañas a Galiza, asfaltar a totalidade dos seus…

Mina de ouro Kittilä vs Corcoesto

Imaxe
A mina de ouro de Kittilä non é comparable coa que se proxecta en Corcoesto.

- Kittilä ten unha extensión territorial superior a toda a provincia da Coruña e unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2 fronte aos 53 habitantes por km2 que teñen os concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.



A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños considera un insulto á intelixencia dos Bergantiñáns o intento de Mineira de Corcoesto de comparar a mina de ouro de Kittilä coa proxectada na parroquia cabanesa de Corcoesto.

 Kittilä é un municipio finlandés que conta cunha poboación de 6.125 habitantes repartidos nunha superficie de 8.263 km2, o que determina unha densidade de poboación de 0,76 habitantes por km2. Caracterízase por ser un concello cunha vasta extensión territorial improdutiva, superior á de toda a provincia da Coruña, moi baixamente poboada e sen ningún tipo de actividade económica, a parte do turismo.

 Pola contra, os concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e P…

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DE SEP 2013

FESTA DA PATACA 2013 - CORISTANCO

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños estivemos presentes en Coristanco na Festa da Pataca . Quixemos  participar  da celebración engalanando o noso  tractor informativo. Denunciando  a ameaza sobre o cultivo da pataca que supón a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto por parte de Mineira de Corcoesto, filial de Edgewater.
Os bidóns de cianuro representan a utilización de tóxicos letais na mina e o campo de patacas contaminadas  aluden a un futuro escenario no noso territorio Un numeroso grupo de vecinos e veciñas, de xeito espontáneo, botáronse a camiñar tralo tractor cando a caravana iniciou a marcha,  en silencio, se cadra   precisaron facelo  para expresar  as súas inquedanzas. A multitude que asistía ó acto contemplou a escea có máximo respecto o que demostrou a sensibilidade e o apoio da poboación cara a nosa reivindicación: Mina NON!















RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO 2013

Pedimos a Conselleira de Medio Rural que faga prevalecer os usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar un escrito asinado por dúas mil persoas dos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco, no que solicitan á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que declare a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais actuais, xeradores de riqueza e sostibles a longo prazo, sobre os mineiros, e en consecuencia declare a incompatibilidade destes usos coa actividade mineira que se pretende desenvolver. A mina de ouro de Corcoesto afecta a 700 hectáreas de superficie forestal de alta capacidade produtiva, suporá a eliminación total da funcionalidade do solo e provocará un dano irreversible que imposibilitará a recuperación da produtividade actual do monte, tal e como se acreditou con diversos informes técnicos ante a Dirección Xeral de Minas. Neste sentido, especialistas en recuperación de solos que realizaron informes para a Plataforma, indican que o plan de restauración presentado pola empresa e…

Denunciamos a presunta obtención irregular da empresa "Mineira de Corcoesto" de 350.000 € en subvencións

Desde a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a través das asociacións de veciños de Corcoesto, Cereo e Valenza, vimos de presentar unha denuncia ante o Ministerio de Industria polo presunto cobro irregular de subvencións por parte da empresa Mineira de Corcoesto, S.L. 

 A empresa mineira obtivo no ano 2013 unha subvención por importe de 150.000 euros que estaba destinada á execución do proxecto “Investigación complementaria para a definición de novas reservas mineiras e a realización de estudos adicionais de hidroxeoloxía e xeotecnia no xacemento aurífero de Corcoesto 2012/2013”. No ano anterior, a empresa mineira recibira da mesma administración outros 200.000 euros por traballos similares, pero estas subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, estaban destinadas á realización destes traballos dentro do ámbito das concesións do proxecto mineiro de Corcoesto, iso é, no ámbito das concesións Ciu…

RESUMO PRENSA DIXITAL AGOSTO 2013

Resumo prensa dixital primeira quincena de Xullo 2013

Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente

As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente.
A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente.77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto.
As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da subcontrata Terrat…