Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Documental "Rosa de Corcoesto"

"Dar voz ós veciños"    Este foi o principal obxetivo de Xosé Bocixa e Manuel Vilas neste documental filmado en octubre de 2013. "É un mini-documental sobre oconflicto en torno ó proxecto de unha macrominería de ouro a ceo aberto que foi filmado en octubre de 2013, inmediatamente despois de que a Xunta comunicase que desestimaba, polo de agora, o proxecto presentado por Edgewater", explican ambos. Xosé Bocixa - Guión, Edición e Realización. Manuel Vilas - Guión e Producción, Se queredes coñecer un poco máis a realidade social do acontecido ó arredor deste proxecto non dudedes en votarlle unha ollada. Aquí vos deixamos o enlace.  

O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitaria

Imaxe
Analizamos o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados. O goberno da Xunta fachandea de que Galiza é a segunda comunidade autónoma en contar cun Plan Director da Rede Natura. O que non dí é que a outra Comunidade, A Rioxa, conta cun Plan Director de natureza substancialmente diferente ao aprobado por Galiza.  Mentres en Galiza, o Decreto 37/2014 non contempla os obxectivos específicos e ordenación detallada dos niveis de protección e conservación dos LIC e ZEP, a norma da Rioxa inclúe como anexos os Plans de xestión e ordenación dos recursos naturais de cada unha das zonas especiais de conservación, e para cada unha delas detállanse as cuestións básicas de obxectivos estratéxicos e operativos, réxime de protección (coa regulación específica de usos e normativa), así como o programa de actuacións (co seu cronograma, orzamento e financiamento).

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA MARZO 2014

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA FEBREIRO 2014

Festa popular 29 de Marzo en Corcoesto: POR UNHA VIDA SEN MINA

Imaxe
As AA.V. de Cereo, Valenza, Corcoesto e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños co gallo da comunicación oficial pola Xunta da paralización definitiva do actual proxecto da mina de Corcoesto, celebramos o pasado día sábado 29 un xantar lúdico festivo na emblemática Carballeira de Sta. Mariña ( Corcoesto) baixo a denominación: Polo rexurdir da Primavera e o amor á Terra Este acto constituíu un recoñecemento aos apoios recibidos na loita contra a barbarie que pretendía Edgewater co proxecto da mina de Corcoesto e que suscitou un rexeitamento social no noso país sen precedentes. Con certeza a empresa canadiana ou outra con máis potencial económico van seguir insistindo con outros proxectos semellantes, polo que a celebración desta vitoria non implica que baixemos a garda no futuro inmediato. Eis a pretensión do Alcalde de Cabana de incluír a mina no futuro PXOM do concello ou a insistencia por parte de Edgewater da vixencia da Declaración de Impacto Ambiental ou a negati

Xornada informativa e divulgativa sobre a loita contra a megamineria - CORISTANCO

A Asociación galega Amarante Setem no marco do programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, achegouse á comarca de Bergantiños para coñecer a labor desenvolvida pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños fronte á megaminería especulativa. As actividades empezáronse  ás 10:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco,   onde os colectivos Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma ORO NO, de Asturias, e Amarante Setem ofreceron unha xornada de encontro para coñecer e reflexionar sobre os impactos que a megaminaría especulativa ten sobre o territorio e as persoas. Proxectouse o documental “A Rosa de Corcoesto” na que contaron coa presenza do seu director,  Xosé Bocixa, que acampañou ás intervencións de ORO NO e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. Para rematar a xornada represetantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, guiaron ás pe

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA FEBREIRO 2014