Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social

Imaxe
O Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas , xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é. A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, tras resolver favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña. Dificultades no acceso a información O anuncio non facilita outra información ademais das

Visita a Megali Panagia

Imaxe
A pasada semana, persoas da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, visitaron Megali Panagia, unha localidade de Halkidiki na Macedonia grega, moi próxima á mina de Skouries. Halkidiki, o terceiro destino turístico de Grecia, vese agora ameazado con este proxecto de 317 quilómetros cadrados de concesións mineiras que inclúen explotacións subterráneas, e a nova mina a ceo aberto en Skouries, que planea crear segundo á empresa un cráter de 700 metros de diámetro, mais que probablemente será moito máis grande.  Esta mina contou desde o primeiro momento coa oposición da poboación poboación local, das organizacións ambientais e cos informes negativos de organizacións científicas independentes. Porén, esta oposición foi brutalmente reprimida e os informes científicos ignorados. Mentres tanto, producíronse diversos procesos tramposos e escuros de transmisión de dereitos mineiros, exencións ilegais de impostos, construcións de estradas privadas a cargo do estado, e