Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta globo sonda

Edgewater lanza globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade

Imaxe
Edgewater e Mineira de Corcoesto lanzan un globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade financeira. As contas anuais do 2013 de Mineira de Corcoesto revelan o incumprimento da normativa contable española por non amortizar os activos intanxibles. O rexistro contable dunha única cota de amortización destes activos por parte de Mineira de Corcoesto, S.L., situaría á empresa en causa de disolución obrigatoria prevista na Lei de Sociedades de Capital. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños considera o anuncio das negociacións de Edgewater cun grupo empresarial español para retomar o proxecto mineiro de Corcoesto, un globo sonda para ocultar a súa extremada debilidade financeira e tratar de mellorar as perspectivas de cotización da empresa cuxo valor en bolsa está afundido desde outubro de 2013, cando o Presidente da Xunta anunciou no Parlamento a paralización definitiva do proxecto por incumprir as garantías técnicas e económicas. A capita...