Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2015

Estamos con Máxima!

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita de Máxima Acuña fronte a multinacional mineira Yanacocha
Lonxe de ser unicamente unha causa legal, o caso Máxima contra Yanacocha (filial de NewmontMining) está no centro dun problema político que sacudiu Cajamarca e o Perú nas últimas décadas: a relación entre os grandes investimentos mineiros e os dereitos das familias e comunidades campesiñas que non desexan o desenvolvemento de actividades extractivas na súa contorna. Unha vez un mineiro díxolle a Máxima Acuña que se estaba ao lado da mina ía ter o ceo, pero que se se puña en contra ía terminar esmagada, tal como un elefante esmaga a unha formiga. A súa casa queda fronte á Lagoa Azul, unha das lagoas que serán afectadas o Proxecto Mineiro Conga e que forma parte da cabeceira de conca de Celendín: esta lagoa é o corazón de moitos ríos que irrigan o campo onde miles de campesiños sementan e cultivan a terra. E desa terra nace o noso alimento. Máxima vive alí, ar…