Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2015

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo.
O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán:
Xosé Bocixa, realizador do documental.María Pardo, veciña de As Encrobas.Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto.Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais.

No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha gran repercusión en Galicia.
A empr…

Vigo, 18A: Día de acción global contra os tratados de libre comercio e investimentos.

Imaxe
“As persoas e o Planeta antes que o Capital!” será o lema baixo o cal se mobilizará a cidade olívica o vindeiro 18 de Abril que acollerá a mobilización central de Galiza.

A campaña Non ao TTIP integrada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia, convocan a toda a cidadanía e organizacións a mobilizarse o vindeiro 18 de Abril. Vigo sumarase aos millóns de voces que sairán ás rúas en decenas de países de catro continentes no Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”.

As diferentes accións e mobilizacións son a resposta…

Galeano

Imaxe

O Pleno de Carballo aproba a nosa moción sobre caducidade dos dereitos mineiros

Imaxe
O pasado luns debateuse no pleno municipal de Carballo a moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros de Corcoesto que foi presentada a ese Concello pola nosa Plataforma.
A moción, asumida e presentada polo BNG, xa que a Plataforma non ten entidade xurídica para presentar mocións nos Concellos, foi aprobada cos votos de BNG e PSOE, a abstención do TEGA e os votos en contra do PP.
Nela recóllese a solicitude á Xunta de Galicia da incoación urxente do procedemento para a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto de Corcoesto.  
En representación do Partido Popular, Núñez Centeno reiterou o seu apoio ao proxecto, afirmando que se chega unha empresa solvente e con garantías vai ter o camiño libre pola súa parte. 



Como podedes ver nas imaxes do noso compañeiro Nacho Gándara, un numeroso grupo de activistas da nosa Plataforma estivo presente durante o debate da moción, apoiándoa coa súa presenza.
Texto da solicitude de caducidade dos dereitos mineiros presentado pola Plataforma.